Busca

Amosando 97 - 120 de 228 resultados da busca.

No Barrio de Abaixo.

Hórreo mixto restaurado, cimentado sobre repisa de cachotaría de granito duns 40 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra, encintadas con cemento. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, e unha porta de madeira no…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Situado nunha pequena eira ou curral doméstico, onde tamén se atopa o Cruceiro de Alfredo, no ángulo SW da aldea.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son catro cepas de perpiaños. Os gabinetes están pechados con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na horta privada da casa á que pertence, casa nuclear da familia.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 40 centímetros de alto. Os soportes son seis pés de pedra de sección cuadrangular. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento, cunha entrada alintelada en cada un no lateral oeste e un pequen oco pechado con malla…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No lugar coñecido como a Eira de Abaixo, no ángulo SE do núcleo. Ao pé da estrada.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, de factura ruda, de aproximadamente 1,7 metros de alto. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente sobre a repisa. O tornarratos é corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten tres claros, con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No lugar da aldea coñecido como Agro do Medio, na zona NW do núcleo.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, a cal salva o desnivel existente. Os soportes son catro cepas de pedra. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con unha porta de madeira no lateral…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na parte alta da aldea.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 40 centímetros de alto. Os soportes son catro cepas de pedra encintadas con cemento. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento, sendo usados como galiñeiros. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con ladrillos,…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No lugar da aldea coñecido como Largas de Fora, no extremo norte do núcleo.

A cimentación é unha base de perpiaño sobre cachotes de granito baixo cada cepa. Os soportes son catro cepas de pedra encintadas con cemento. Os gabinetes están pechados con ladrillo. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No Barrio de Abaixo, moi próximo a outro hórreo, ao NW.

A cimentación consiste nunha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son seis pés a modo de columnas de sección cuadrangular con ángulos en chafrán. O tornarratos é unha pedra circular sobre cada pé. Ten dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta. Linteis e columnas de pedra e…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, no patio pechado da casa nº 35.

A cimentación non é unha repisa, se non que cada cepa ten unha base máis ancha de cachotaría de granito, duns 50 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Actualmente os gabinetes (tamén chamados pasaventos) están pechados con ladrillo e malla metálica para gardar os…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado nunha pequena parcela detrás da casa á que pertence, na Aldea de Riba.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 2 metros de alto, xa que ten que salvar un importante desnivel aquí existente. A repisa ten acaroado polo leste unha prolongación de pedras a xeito de plataforma, no que é visible un pío, onde se trituraba a…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no patio pechado privado da casa á que pertence, o número 60, na Aldea de Riba.

A cimentación é unha repisa de cachotes de granito, con excepción do gabinete norte, onde é de ladrillo. Os soportes son catro cepas de pedra. O gabinete do medio está pechado con cemento no lateral leste, estando o lateral oeste pechado con malla metálica, sendo…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Riba, nun alto, ao pé dunha pista.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, coa pedra superior máis ancha, de forma troncopiramidal cos extremos redondeados, a xeito de moldura. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Riba, nun alto, moi próximo do lavadoiro e ao oeste da casa á que pertence, o nº 65.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, con molduras semicirculares na parte superior. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha finca privada pertencente ao solar nº 8 do núcleo, ao pé da estrada que, desde Rialiño, vai cara Paizal e Traxeito

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Arriba, na zona coñecida como A Rechenla, ao pé dunha pista asfaltada, xunto á casa nº 2 á que pertence.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, a cal salva o desnivel existente, xa que o hórreo localízase nunha costa. Os soportes son catro cepas de pedra, cunha pedra de perpiaño…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Pertence á casa nº 13 do núcleo, ao pé da AC-305, case enfronte da Escola da Emigración de Tallós. Situado no xardín privado da vivenda.

A cimentación é unha repisa baixa de perpiaño de granito, duns 30 centímetros de altura. Os soportes son tres…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado entre dous pistas asfaltadas, detrás da Escola da Emigración de Tallós.

Exemplar de madeira. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito que fai as veces de muro delimitador dun camiño, de 1,20 metros de altura. Os soportes son…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nunha finca privada, na parte traseira da vivenda á que pertence.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito duns 50 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra, coa pedra superior máis ancha e cos ángulos redondeados a xeito de moldura. O gabinete do oeste está pechado polo norte con ladrillo e polo sur con restos dunha…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado na entrada norte á aldea, ao pé da estrada, nun pequeno terreo ao lado da casa dun dos actuais propietarios.

Fermoso exemplar de hórreo mixto. A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito de 1,50 metros de altura aproximadamente, no norte cuberta de vexetación. Presenta unha plataforma de pedra cuadrangular no lateral oeste, con…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nunha  propiedade privada pechada, axardinada, na entrada sur da aldea, zona coñecida como a Aldea de Abaixo.

Curioso exemplar de hórreo, xa que está feito todo en pedra (tipo Noia), cando o normal no concello é o de tipo mixto. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito de diferentes alturas para salvar o desnivel existente. Os…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na finca privada da vivenda á que pertence, a casa nº 13 do núcleo, na Aldea de Abaixo.

A cimentación é unha repisa alta de cachotes de granito, de 1,50 metros de altura aproximadamente. Os soportes son catro cepas de pedra, coa parte superior moldurada. O gabinete oeste está pechado con ladrillo. Ten unhas esqueiras de pedra acaroadas de…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado na Aldea de Riba, nun alto, no lugar chamado Fondo do Agro.

A cimentación non é visible, xa que está cuberto de vexetación. Os soportes son  catro cepas de pedra, cubertas tamén de hedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, aínda que o claro do medio xa…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, no peche dunha finca privada, na parte traseira da casa, detrás do lugar coñecido como A Eira.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, e de gran tamaño. A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, de aproximadamente 1,50 metros de altura. Os soportes son seis cepas de pedra, rematadas na parte superior nunha…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, no peche dun patio privado pechado.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito de 1 metro de altura máxima, aproximadamente. Presenta unhas escaleiras de pedra na fronte, perpendiculares ao hórreo, con tres grades. Os soportes son catro cepas de pedra, de bela moldura na parte superior. Os dous gabinetes…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos