Hórreo de Castro

Hórreo de Castro - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

No lugar coñecido como a Eira de Abaixo, no ángulo SE do núcleo. Ao pé da estrada.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, de factura ruda, de aproximadamente 1,7 metros de alto. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente sobre a repisa. O tornarratos é corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e unha cinta, a madeira en moi mal estado, sendo substituída no claro occidental por ladrillo, no lateral sur. Portas de madeira no lado interior do hórreo, o que da a finca (lateral sur). Non ten linteis. As columnas son de pedra e a cornixa de madeira. Os dous penais son de perpiaños de granito, de cantaría ruda, sen ventilación. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de uralita e de tella do país, en moi mal estado. Non conserva os remates. Orientado ao NW-SE.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é da década de 1860. Sinalar que nesta Eira de Abaixo, que era privada, había un terceiro hórreo, coñecido como o Hórreo da Ardeira, de madeira, con pés de pedra e tornarratos circulares, do que hoxe tan só quedan unhas pedras dispersas.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO206
  • Outras denominacións: Hórreo Nº 2 da Eira de Abaixo
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: 1860
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Castro
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi mala, completamente arruinado. A madeira e a cubrición están en moi mal estado. Un dos propietarios colocou ladrillo na metade dun claro. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 217)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Imo

Hórreo de Sar

Hórreo de Bexo

Hórreo de Lestrobe