Busca

Amosando 529 - 552 de 3972 resultados da busca.

Fonte dun só cano, nas proximidades do Lavadoiro de Lestrobe e do Muíño de Fidel, cun corpo escalonado e moldurado. Destaca a súa sinxeleza e a pía elevada sobre base prismática.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Fonte no límite municipal de Dodro con Padrón, que se aproveita para indicar o inicio do mesmo cun machón granítico, sobre o que se labrou o escudo municipal. O cano atópase adornado cunha cabeza de león.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Pexegueiro, antigo lavadoiro da aldea.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte no muro dunha finca, con dous canos e decorado por un enmarcado perimetral. O lavadoiro ten catro pedras de lavar por cada lado, cubertas cunha estrutura de piares de formigón que soportan trabes prestensadas sobre as que descansa unha lámina de formigón con tella curva do país.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Fonte no muro dunha finca con corpo principal de cantaría, rematado nunha cornixa moldurada. Aloxa un só cano e pía encastada. Nun dos seus laterais presenta un banco executado en pedra dun só pé.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte no muro de entrada á Casa do Pichón, que consta dun corpo principal decorado con columnas e remate moldurado. Pía elevada sobre soporte, cunha billa de latón.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Fonte nun lateral do muro de contención da Escola da Emigración de Tallós, cun corpo principal de cantaría e remate de peza circular. O cano da fonte está ornamentado cunha cara, e a pía elevada e soportada por unha columna.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte por debaixo da rasante, á cal se accede por uns chanzos estreitos, con muros de contención de cadeirado e un só cano.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte por debaixo da rasante, á cal se accede por escaleiras laterais. Ten un só cano e atópase decorada cunha cruz formada por cunhas de vieira.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Fonte por debaixo da rasante, á cal se accede mediante unha rampla de pedra, con remate da parte alta de forma circular e un só cano.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte por debaixo da rasante, á cal se accede a través duns chanzos de perpiaño de granito. Ten un corpo principal con acabado redondo na parte superior e dous saíntes laterais, que aloxan un só cano.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Fonte por debaixo da rasante, á cal se accede a través duns chanzos de pedra. Esta atópase integrada por un paramento vertical executado en cantaría e rematado de forma circular na súa parte superior, rebaixado na súa fronte, cun só cano, e unha pía onde cae a auga. Perimetralmente, polo sur, muro de contención.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Palacio de Lestrobe.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

A Gran Pedra Redonda, Castro de Casais ou Pedraredonda, de proporcións colosais e con forma oval, conta a lenda que foi levada para ese sitio por un xigante. Nas inmediacións atopouse unha cabeza de pedra labrada de forma sutil, de cronoloxía indeterminada, e que se conserva no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña do Castelo de San Antón. Ten na súa superficie covas ou cazoletas formadas pola erosión da auga, mais que a tradición atribúe ás pegadas do Apóstolo…


Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía

Gravado rupestre formado por tres cazoletas: a primeira de 6x8 centímetros e 2 de fondo, a segunda de 7 centímetros e 2,5 de fondo, e a terceira de 7,5x4,5 centímetros de fondo. A rocha mide 3 metros de altura.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Gravado rupestre con forma de ferradura, duns 15 centímetros. O ancho do suco é de 1 centímetros e a súa fondura de 0,5 centímetros.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Gravado rupestre emprazado nun afloramento de grandes dimensións polo que pasa un camiño. Está formado por 7 cazoletas moi pouco profundas na zona máis alta e chaira da rocha. O diámetro das cazoletas varía entre 1,50 e 2 centímetros.


Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía

Na horta da Casa de Aguirre, nun alto, xunto a outro pombal.

De planta circular e muros de cachotaría, agás a porta de acceso que é de perpiaño. Fachada encintada con morteiro de cemento, así como lousas perimétricos que sobresaen do mesmo á altura dos buratos existentes para…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Na veigas de Bexo, punto desde o que poder observar o Sistema Fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Insua formada polo río Ulla e o río Vello, entre as parroquias de San Xoán de Laíño (Dodro) e Santa María de Isorna (Rianxo), próxima ás insuas de Vilar e da Pomba (Valga).


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

Lavadoiro, nas proximidades da Fonte de Arriba e do Muíño de Fidel, con predominio da lonxitude sobre o ancho, con dez pedras de lavar en cada lado. Cuberto cunha estrutura de nove piares sobre o que descansa un tellado a dúas augas con tella do país e trabes de madeira. Trátase do…


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Lavadoiro con pedras de lavar e pía. Cuberta de tella curva sobre columnas de pedra.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Lavadoiro de dúas pedras nos lados maiores, e unha nos menores, sobre pía de pedra. Está cuberto por unha estrutura de piares de formigón e trabes pretensadas, sobre as que descansa unha lámina de formigón.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Lavadoiro con tres pedras de lavar por cada lado e pía de pedra, cuberto por unha estrutura de piares de formigón e trabes pretensadas que soportan unha lámina de formigón.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga