Pombal Nº 2 da Casa de Aguirre

Pombal Nº 2 da Casa de Aguirre - Dodro - San Xoán de Laíño - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Na horta da Casa de Aguirre, nun alto, xunto a outro pombal.

De planta circular e muros de cachotaría, agás a porta de acceso que é de perpiaño. Fachada encintada con morteiro de cemento, así como lousas perimétricos que sobresaen do mesmo á altura dos buratos existentes para a entrada e saída das pombas. Cuberta cónica con acabado de tella do país sobre entramado de madeira, con remate xeométrico decorativo de pedra. Mide 4 metros de altura e 15 de perímetro.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataríase, con reservas, en 1780. Este pombal foi construído, como todos os elementos da familia Aguirre, polos canteiros que tamén fixeron o templo parroquial. Se a mansión señorial pode situarse por 1758, o pombal dataría dalgúns anos despois. Forma parte dun conxunto arquitectónico único, formado por dous hórreos, dous pombais, casa de caseiro, reloxo de sol e outros elementos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC007
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: 1780
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Imo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi bo, actualmente restaurado.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-07)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal Nº 2 da Casa de Aguirre

Lacenas de Bustelo

Reloxo de sol de Reboiras

Reloxo de sol da Casa de Aguirre