Busca

Amosando 241 - 264 de 633 resultados da busca.

Fonte de pedra emprazada nunha encrucillada de camiños, ao pé do Cruceiro de San Miguel de Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Vinculada á Capela dos Martores, trátase dunha fonte feita con pedras de granito e cano metálico.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Recolle a auga dun manancial situado a unha cota inmediatamente superior, para posteriormente repartila aos prados existentes na contorna. Está pechado polo sur por un muro de cachotería granítica asentada en seco, duns 5 metros de longo.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

No leito do río Valga e construída en pedra. Detén a auga acumulándoa, para posteriormente desviala cara ao Lavadoiro do Carballiño.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Fonte elaborada con bloques graníticos e cano metálico.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga para o seu mellor aproveitamento. Supoñen o acondicionamento do punto de afloramento das correntes subterráneas de auga, e ademais de sanear a zona para evitar contaminacións do recurso, serven para facilitar a canalización cara unha fonte ou condución.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte de bloques graníticos e lavadoiro de material cerámico recebado.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Barro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Construído no ano 1950, está situado na estrada que vai do Forno a Socastro. Aquí viñan lavar as mulleres destas dúas aldeas de Cordeiro. Na actualidade xa non conserva a cuberta que orixinalmente tiña, mais si mantén a pía, as pedras de lavar e a fonte. As pedras de lavar non son as orixinais porque estas leváronse para o lavadoiro que está ao lado do río.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Emprazada no centro do campo da festa de Cordeiro, ao carón do Palco da Música de Cordeiro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Bomba de auga no medio do lugar de Ferreirós.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Bomba de auga no lugar do Sisto. A auga bombeada procede directamente dun pozo.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Muíño de planta cuadrangular e muros de cachotería, fornecido coa auga procedente dunha canle e que desemboca no río Ulla.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Na ribeira do río Louro, sobre unha antiga canle de derivación.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte ornamental que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

O túmulo está situado na ruptura de pendente dunha portela de cordal. Os seu diámetro aproximado é duns 11 metros, cunha altura máxima de 50 centímetros.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arqueoloxía

Túmulo funerario cun diámetro aproximado duns 12 metros e unha altura de 70 centímetros, cun posible cono de violación central.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arqueoloxía

Restos dun castelo medieval situado no alto dun outeiro no Monte Meda, a 435 metros de altitude. As súas reducidas dimensións fan pensar que se tratase dunha atalaia de vixilancia das rutas terrestres e fluviais. O factor máis relevante do seu emprazamento é o gran dominio visual que exerce a media e longa distancia, o…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arqueoloxía

Túmulo funerario situado na cima dun rechán do outeiro que ocupa o Castelo Redondo. As súas dimensións son duns 13 metros no eixo norte-sur, e 12 metros no eixo leste-oeste, cunha altura máxima de 1 metro. Presenta cono de violación central duns 5 por 4 metros, e 60 centímetros de fondo. Ten a coiraza de laxes de granito dun…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arqueoloxía

O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos (Marco do Porto Lampai, Marco do Couto de Lampai,…


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

No adro da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia localízanse unha serie de sartegos medievais da época sueva, monolíticos e escavados con forma antropomorfa. Tamén hai tampas monolíticas de forma lisa ou en dobre estola, e outros construídos con laxes e perpiaños. Foron achados nas escavacións arqueolóxicas realizadas na contorna da igrexa,…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

As diferentes denominacións deste xacemento (Castro de Arretén, A Barronca, A Rocha ou A Raíña Lupa) describen o lugar onde estivera o Castelo da Rocha Branca. Tratábase dunha fortaleza artellada en torno a un recinto circular, delimitado por unha muralla pétrea e circundada por un foxo. Ao norte deste recinto existen outras estruturas, posiblemente habitacionais, aínda que a súa configuración orixinal está parcialmente alterada. Tamén se conserva a plataforma de…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

O xacemento denominado Castro Valente ou A Cerca atópase no límite municipal entre Padrón (Santa María de Herbón e San Pedro de Carcacía) e A Estrada (San Miguel de Barcala), na marxe sur do río Ulla. Emprázase nunha contorna de fortes pendentes. Ten un control visual importante da ría de Arousa, do cruce do Ulla en Pontecesures e Padrón, e do paso ao interior desde…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arqueoloxía

Desde a Idade Media foi lugar xacobeo, impulsado no século XV polo Arcebispo Rodrigo de Luna, e no século XX polo Arcebispo Martín de Herrera. Segundo a lenda, cando Santiago estaba a predicar o evanxeo, foi desafiado por unha muller que lle dixo: ”Se o teu Deus ten tanto poder, que faga xurdir a auga para quitar a miña sede”. Entón Santiago golpeou a pedra co seu bastón, xurdindo un…


Padrón - Santiago de Padrón | Arqueoloxía