Busca

Amosando 1 - 24 de 24 resultados da busca.

O Pozo do Conxeiro foi feito polos veciños de Eiró para empozar o liño que era cultivado na aldea. Sempre foi Eiró aldea de gran produción de liño, que se sementaba en Semana Santa na Horta do Liño, no Navaliño ou na Veiga. Era tal a importancia do liño, que cando se miraba para as leiras no final do mes de Santiago víase unha gran explanada de cor azul escuro que semellaba unha marea, a poucos tranquila e a poucos con marusía, que se confundía co devalar do río Ulla ao…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura industrial

Unha actividade que concitou grandes expectativas, e que non chegou a conformalas, foi a fabricación de azucre de remolacha na veiga de Padrón, unha industria que se mantivo durante uns poucos anos e con serias dificultades para subsistir. A Sociedad Anónima Azucarera de Padrón inicia a súa vida empresarial o 29 de novembro de 1899. En febreiro do mesmo ano constituírase no veciño concello de Pontecesures a sociedade Azucarera Gallega, promotora da…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura industrial

A industria padronesa de lámpadas eléctricas comezaría a súa produción en 1929 (Seijas Llerena, 2011) e consonte Freire Esparís (2007) no momento da posta en funcionamento Iria, S.A. contaba cunha fábrica de gas e outra de bombillas que complementábase coa fábrica de casquetes para lámpadas eléctricas da que figuraba como propietario e director técnico Estanislao Pérez Rey, máis coñecido…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura industrial

Construído no século XII, tratábase dun depósito de venda do sal. A Padrón outorgóuselle a prebenda real de ser o monopio da distribución do sal por toda a ría de Arousa.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial

Atópase no rego de Fontao, que se une ao rego da Pía, para formar o rego de Sinde, que finalmente desemboca no río Ulla.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais

O nome Lufo semella voz antiga, debe ser xermánico, relacionado coa partícula ufe/ulfe, lobo. Non hai no Nomenclátor ningún outro Lufo agás o de Dodro. Tamén se coñece como río de Vigo e chámanlle, augas abaixo da aldea de Vigo, río do Cabalo porque os chaláns abeberaban nel os animais cando ían á feira a Padrón.

Nace moi preto de Pexegueiro e do…


Dodro - Santa María de Dodro | Espazos naturais

O curso orixinal do río Sar segue sendo a división administrativa entre os concellos de Padrón e Dodro. Nos anos sesenta do século XX fíxose a canalización deste tal é como a coñecemos na actualidade, totalmente recta. Maila construción da canle, os meandros orixinais aínda se poden ler no territorio, principalmente pola presenza da vexetación de ribeira que se resiste a desaparecer. O río Sar orixinal, entre Padrón e a súa…


Dodro - Santa María de Dodro | Espazos naturais

Localizado no interior das Brañas de Laíño, aquí facían noite os pascueiros que levaban os cabalos á feira de Padrón. Onde antes había piñeiros mansos xigantescos, medrou despois un bosque de acacias negras.

Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga…


Dodro - San Xián de Laíño | Espazos naturais

Coñecida popularmente como “A de Ramos”, estaba dedicada á fabricación téxtil de lenzos e manteis, estampados, sabas, toallas e roupa da casa en xeral. Foi fundada no ano 1886 polo zamorano Ángel Ramos García. Destacar que o tecido era unha tradición artesanal iniciada en Padrón a finais do século XVIII.

Non se limitaba á comercialización do produto final, senón que…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial

Espazo natural nas ribeiras do río da Arregañada, na que en menos dun quilómetro de distancia, atópanse pontellas (Pontella do Muíño de RibaPontella do Muíño Tellado) e muíños centenarios (…


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

Cabodeiras, O Bico e O Redondo forman parte do Porto de Bexo.

Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, escribe desta lugar: “Foi Bexo terra de mariñeiros e en Cabodeiras era onde se amarraban os galeóns e as dornas. O Redondo é onde o río no seu transcurso vira cara a…


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

O Porto do Deza é un excelente punto para a observación das aves. As Brañas de Laíño albergan unha riqueza ambiental de primeira magnitude. Nela aniña unha subespecie da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subs. lusitanica). É un endemismo da Península Ibérica. Tamén se poden ver aquí outras aves ameazadas…


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

Lugar onde se bañaban os mozos de Imo. Había un medo moi grande a bañarse, xa que se dicía que o pozo da Brañiña non tiña fondo ou os mozos non daban baixado ao fondo de forma natural. Tamén había un certo temor a meterse no río grande o 25 de xullo, porque se dicía que pasaba o Apóstolo arrastrando pesadas cadeas que tiraban sen remedio dos…


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

A denominación de Campo da Insua ven porque aquí existía unha insua fluvial ao carón da desembocadura do río Sar Vello no río Ullaao carón da desaparecida Ponte de Ferro…

Foi fundada no ano 1970 por Manuel Cortizo Valladares e dedícase á fabricación de todo tipo de candeas e candeóns de alta calidade para uso relixioso. Ao inicio eran traballos basicamente manuais, mais pouco a pouco foise automatizando o proceso de fabricación.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial

Salto de auga que forma o rego das Lamas, ao pé da estrada que vai de Casal a Sorribas.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais

Salto de auga situado a uns poucos metros antes da desembocadura do rego de Xoane no río Ulla.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais

Este espazo forma, xunto coas Veigas de Campaña e Cordeiro de Valga, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o


Dodro - San Xián de Laíño | Espazos naturais

Insua formada polo río Ulla e o río Vello, entre as parroquias de San Xoán de Laíño (Dodro) e Santa María de Isorna (Rianxo), próxima ás insuas de Vilar e da Pomba (Valga).


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

Lagoa formada pola acumulación de auga na parte alto do Monte Meda.


Padrón - Santa María de Herbón | Espazos naturais

Val profundo escavado polo río Ulla ao seu paso polo Lapido. No ano 2018, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido restaurou un antigo vertedoiro á beira da estrada que vai de Herbón a Carcacía como miradoiro, desde o que se pode ver o propio canón, parte das pesqueiras do Ulla…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais

O río Sar forma neste punto unha illa fluvial, na que o bosque de ribeira ponse de manifesto coa presenza de freixos, ameneiros, bidueiros ou salgueiros. O leito do río Sar está incluído dentro da Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza).


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Espazos naturais

Lugar onde se xuntan o río Sar e o río Ulla. O punto actual da desembocadura non é o orixinal, posto que este modificouse coa canalización do Sar, mais os meandros orixinais aínda se poden apreciar no terreo, mantendo estes o nome de río Sar Vello.


Padrón - Santiago de Padrón | Espazos naturais

Curso de auga, formado na época de chuvias, que baixa pola ladeira do Lapido configurando un salto de auga ao carón da estrada que une as parroquias de Carcacía e Herbón.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais