Pinal da Braña

Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro
Localizado no interior das Brañas de Laíño, aquí facían noite os pascueiros que levaban os cabalos á feira de Padrón. Onde antes había piñeiros mansos xigantescos, medrou despois un bosque de acacias negras.
Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, escribe desta lugar: “O Pinal da Braña está ó lado do esteiro de Tallós e refírese a el Rosalía nun verso (“véxote aló nas brañas, xa no pinar espeso”) pois non houbo outro na zona. Á beira do Pinal había pozos que se dicía que non tiñan fondo. E non o terían. Explica Méndez Ferrín que son comúns en Galicia e no norte de Portugal estes pozos ou pegos (do grego pelagos, ‘mar’), tan profundos que non se dá chegado ó fondo, mesmo se se lles fai unha sondaxe con sete sedeños e que constitúen as portas do máis alá, do outro mundo. Poderiamos imaxinar aquí, entre os doces ameneiros da braña, nos goios charquentos e nas tremas sen cabo dos esteiros, o cadro de Corot no que Orfeo regresa con Eurídice dos infernos por alagados bosques, a lira na man en alto, perseguidos polas sombras glaucas da morte.”
- INFORMACIÓN
- Código: DO-NA005
- Outras denominacións: Pinal do Marqués
- Tipoloxía: Espazos naturais
- Cronoloxía:
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xián de Laíño
- Lugar: Brañas de Laíño
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004 - LIC (Lugar de Interese Comunitario)
Decreto 37/2014 - ZEC (Zona Especial de Conservación)
Decreto 37/2014 - Rede Natura 2000
Real Decreto 103/2003 - Espazo Natural do Plan Hidrolóxico Galicia Costa
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.710374871316 , -8.7065698286305
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.