Busca

Amosando 49 - 72 de 611 resultados da busca.

O Camiño Portugués a Santiago discorre polas parroquias de Santa María de Iria Flavia, Santiago de Padrón e Santa María de Cruces.

Ao seu paso polo lugar de Angueira de Suso, o camiño discorre baixo un emparrado. Trátase dun elemento bioclimático que dá sombra ao camiñante, baixa a temperatura e…


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

Mámoa no Monte Meda.


Padrón - Santa María de Herbón | Arqueoloxía

Túmulo funerario moi alterado, cunhas dimensións aproximadas duns 11 metros no eixo norte-sur e 14 metros no eixo leste-oeste. A altura máxima conservada é de 0,5 metros. Obsérvanse restos da coiraza de mediano tamaño, aumentando cara á periferia do túmulo, onde coinciden con diversos afloramentos.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

O xacemento está situado no fondo da portela existente na dorsal dunha cordal, inmediata á Mámoa da Chansa. Nas remocións efectuadas polas pistas forestais recolléronse restos de material cerámico atribuíble a un posible hábitat da Idade do Bronce, aínda que non se debe descartar que poidan pertencer a algún túmulo funerario xa desaparecido.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos (Marco do Porto Lampai, Marco do Couto de Lampai, Marco…


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

Petróglifo no lugar de Queiruga.


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

Xacemento arqueolóxico no lugar do Pedroso.


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos (Marco do Porto Lampai, Marco do Couto de Lampai, Marco dos Coutos e…


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos (Marco do Porto Lampai, Marco do Couto de Lampai, Marco dos Coutos…

Mámoa localizada no Monte Castrelo, emprazada a uns 150 metros do recinto fortificado denominado O Castelo.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Asentamento castrexo de gran complexidade defensiva. Ten unhas medidas na súa croa ovalada que acadan uns 47 por 39 metros, nos seus eixos maior e menor respectivamente. Está rodeado por unha sucesións de terrapléns e amosa un foxo escavado na rocha, colmatado nalgunha das súas partes, que chega acadar os 7 metros de profundidade na zona leste.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arqueoloxía

Petróglifo composto por tres afloramentos rochosos.

A rocha 2 trátase dun pequeno bolo granítico, afectado por labores de cantaría tradicional. Atopamos na súa vertente oriental vairas representacións. Destaca na parte alta o que puidera ser unha escena de equitación ou monta acrobática, na parte media un cuadrúpede incompleto (fáltalle parte do colo e a cabeza); e na parte inferior, articulado arredor dun ovalo aberto con coviñas no interior, e vencellado a…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Trátase dun dos primeiros gravados descubertos no Concello de Rianxo. Localízase nunha laxe próxima á vía rápida, aos pés do Monte Pelotiña. O petróglifo está composto por motivos concéntricos e armas. Máis recentes son as figuras de cruces e unha curiosa “estrela de David”.

Descrita por primeira vez por F. Calo Lourido e J.M. González…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Probablemente se trate simplemente dun topónimo sen xacemento, non sendo posible na actualidade apreciar ningún resto construtivo que puidera caracterizar a un asentamento castrexo; parapetos, foxos, murallas, estruturas habitacionais, aterrazamentos.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arqueoloxía

Conxunto formado por catro túmulos situados nun paso entre os Montes Pelotiña e o Monte da Pena.

Este túmulo mide 25,70 metros no eixo N-S e 28,30 metros no eixo L-O. Ten unha altura de 2 metros. Presenta un burato de violación central que mide 4,50 metros no eixo N-S e 5,10 metros no eixo L-O,…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Soterramento neolítico situado entre a aldea de Burés e a Castiñeiriña, no cumio do Monte Mourelles. O túmulo ten uns 22 metros de diámetro, cunha altura de 1,10 metros. Ten un cono de violación duns 4,5 metros por uns 50 centímetros de profundidade.

A Mámoa de Mourelles foi recuperada pola Comunidade de Montes de Asados no 2017, que lle fixo unha limpeza e puxo sinalización. As mámoas son enterramentos funerarios da época do Neolítico (fai cinco ou seis mil anos…


Rianxo - Santa María de Asados | Arqueoloxía

Conxunto formado por catro túmulos situados nun paso entre os Montes Pelotiña e o Monte da Pena.

Este túmulo é o situado máis ao norte. Mide 27,10 metros no eixo NL-SO, 0 no NO-SL. Ten unha altura de 1,55 metros. Presenta un burato de violación central de 7,10 metros (NO-SL) e 7,40 (NL-SO),…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Túmulo que está situado nunha ladeira do Monte Pelotiña. Mide 11,30 metros no eixo N-S e 13,50 no eixo L-O. A súa altura é de 0,45 metros. Non presenta burato de violación central.


Rianxo - Santa María de Asados | Arqueoloxía

Mámoa no lugar de Piñeiro.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arqueoloxía

Conxunto de seis túmulos que se atopan nun rechán de paso entre o Monte Ceán e o Monte do Couto. Este grupo de mámoas sitúase preto da saída cara a Catoira desde a Autovía do Barbanza, á man dereita.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arqueoloxía

Conxunto de tres túmulos situados nun espolón do Monte Lioira, no lugar de Cuncha Vieira. Atópanse 800 metros ao sur-sueste do outro conxunto megalítico dos Campiños. Trátase de mámoas moi cubertas pola vexetación, entre as que destaca un túmulo de gran tamaño.

Este túmulo localízase á beira…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Tamén coñecido como Castro do Portelo, Monte Verme ou Castro de Brión, sitúase nunha pequena península que se interna no mar entre as praias das Cunchas e do Porrón. Está ateigado de maleza e apenas se pode andar pola superficie, mais polo lado que o une a terra intúese unha entrada a carón…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

O castro está situado nunha posición estratéxica que domina a entrada do río Ulla e a Enseada de Leiro desde o Monte Quintáns, a 152 metros de altitude. O monte no que se atopa amosa fortes pendentes polas banda norte, sur e leste, acadando esa altura a tan só 500 metros de distancia das…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arqueoloxía

Conxunto de seis túmulos megalíticos que forman a Necrópole dos Campiños, sita nunha chaira disposta lonxitudinalmente sobre a dorsal que cae desde o extremo sur do Monte Lioira. Os túmulos distribúense a ambos lados do camiño a escasos 50 metros do inicio da pista. Hai varias escavadas, mais a máis visible é a última a man dereita, que constitúe o túmulo máis grande.

Mide 22,50 metros no eixo L-O e 23 no N-S. O diámetro do pozo de saqueo é 9 metros, a altura…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arqueoloxía