Curuto do Castro

Curuto do Castro - Padrón - San Pedro de Carcacía

Imaxe: Elixio Vieites

Asentamento castrexo de gran complexidade defensiva. Ten unhas medidas na súa croa ovalada que acadan uns 47 por 39 metros, nos seus eixos maior e menor respectivamente. Está rodeado por unha sucesións de terrapléns e amosa un foxo escavado na rocha, colmatado nalgunha das súas partes, que chega acadar os 7 metros de profundidade na zona leste.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-AQ005
  • Outras denominacións: Castro de Rial
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Ferro
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: San Pedro de Carcacía
  • Lugar: Rial
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    O foxo foi reutilizado como pista e a totalidade do xacemento está cuberto por repoboación forestal de eucaliptos e piñeiros.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón (GA15065005)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Camiño Portugués

Castro Valente

Mámoa Nº 2 do Castelo do Medio

Petróglifo Nº 2 do Monte Lomba