Mámoa Nº 1 de Cuncha Vieira
Conxunto de tres túmulos situados nun espolón do Monte Lioira, no lugar de Cuncha Vieira. Atópanse 800 metros ao sur-sueste do outro conxunto megalítico dos Campiños. Trátase de mámoas moi cubertas pola vexetación, entre as que destaca un túmulo de gran tamaño.
Este túmulo localízase á beira dereita dunha pista forestal e está moi arrasado. Mide 9,30 metros no eixo NL-SO e 8,90 metros no NO-SL. Ten unha altura de 0,50 metros.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-AQ006
- Outras denominacións: Mámoa Nº 7 dos Campiños
- Tipoloxía: Arqueoloxía
- Cronoloxía: Neolítico
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa María de Leiro
- Lugar: Cuncha Vieira
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Presenta numerosos buratos en toda a superficie tumular debido ás plantacións de piñeiros.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072009)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.668918140471 , -8.762100581605
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.