Punta do Castro

Punta do Castro - Rianxo - Santa María de Leiro

Imaxe: Manuel Gago

Tamén coñecido como Castro do Portelo, Monte Verme ou Castro de Brión, sitúase nunha pequena península que se interna no mar entre as praias das Cunchas e do Porrón. Está ateigado de maleza e apenas se pode andar pola superficie, mais polo lado que o une a terra intúese unha entrada a carón dun parapeto de terra que actuaría como defensa. Na pouca zona do interior que se pode apreciar, hai unha gran cantidade de pedra e anacos de muros que poderían pertencer ás vivendas esborralladas. O mar semella que está a comer parte das beiras desta pequena península, podendo verse desde arriba coma parte dalgúns muros se derruban cara o cantil, polo menos na parte máis próxima á Praia do Porrón, pola banda oeste.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ005
  • Outras denominacións: Castro do Portelo, Monte Verme ou Castro de Brión
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Ferro
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Leiro
  • Lugar: Brión
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    É un dos mellor conservados de Rianxo, mais apenas é posible percibir nada debido á vexetación que o cubre.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072008)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Patrimonio Galego

    Manuel Gago

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo de Abuín

Petróglifo Nº 1 dos Mouchos

Mámoa Nº 1 da Vacariza

Mámoa Nº 2 do Monte Cabanas