Castro das Cercas

Castro das Cercas - Rianxo - Santa María de Isorna

Imaxe: Cristina Conde Escaloni

O castro está situado nunha posición estratéxica que domina a entrada do río Ulla e a Enseada de Leiro desde o Monte Quintáns, a 152 metros de altitude. O monte no que se atopa amosa fortes pendentes polas banda norte, sur e leste, acadando esa altura a tan só 500 metros de distancia das beiras do intermareal do Ulla. Ten forma ovalada con diámetros duns 90 metros no eixo NL-SO, e 60 no NO-SL. Posúe dobre murallas e un foxo. Na parte nordeste, onde a ladeira acada a maior pendente, vese a dobre liña de muralla e consérvase un concheiro. Na parte sur pódense apreciar os restos de recintos habitacionais e outros que poderían corresponder coa muralla. No concheiro atopáronse tamén restos cerámicos e malacolóxicos (ostra, berberecho e ameixa) e líticos (seixo). Fálase da localización no lugar da Cova do Xil que dá froito a algunhas lendas locais, como a que dicía que había unhas escaleiras de ouro desde o castro até a fonte de Palleiro, por onde os mouros levaban a beber aos caballos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ004
  • Outras denominacións: Castro de Isorna
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Ferro
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Isorna
  • Lugar: Quintáns
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072006)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Patrimonio Galego

    Vídeos Bos

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Punta do Castro

Petróglifo Nº 3 dos Campos

Petróglifo Nº 14 dos Campos

Mámoa Nº 4 do Monte Picoto