Xacemento da Chansa

Xacemento da Chansa - Padrón - Santa María de Iria Flavia

O xacemento está situado no fondo da portela existente na dorsal dunha cordal, inmediata á Mámoa da Chansa. Nas remocións efectuadas polas pistas forestais recolléronse restos de material cerámico atribuíble a un posible hábitat da Idade do Bronce, aínda que non se debe descartar que poidan pertencer a algún túmulo funerario xa desaparecido.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-AQ009
  • Outras denominacións: A Chansa
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Bronce
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santa María de Iria Flavia
  • Lugar: A Chansa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Acometéronse movementos de terras destinadas á repoboación forestal, afectando gravemente ao xacemento.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón (GA15065009)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Marco dos Coutos

Petróglifo da Chanciña

Túmulo do Castelo

Casa das Meigas