Busca
Fábrica de candeas fundada por José Diéguez Sueiro, que recolle a tradición de máis dun século. Localízase no número 24 da rúa Víctor García.
As primeiras candeas de man, fabrícanse en Cesures utilizando o “noque” que chegou á fábrica cando esta renovouse, fai uns 85 anos. Trátase dunha máquina…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
O 1 de febreiro de 1938 constituíse ILEPSA (Industria Lechera Penisular Sociedad Anónima) e o 16 de agosto de 1939 inaugurouse a primeira fabricación de leite condensada. Pola súa situación á beira do río Ulla, a fábrica permitía a carga e descarga da madeira para as caldeiras, a folla de lata para os envases e dos produtos xa acabados, que eran trasladados en…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
Antigo serradoiro situado á beira do río Ulla, a uns 230 metros da Telleira de Quintáns, tamén na ribeira do Ulla. O conxunto está formado dúas construcións independentes dispostas en L. Edificación principal de planta irregular resultado da agrupación de varios volumes, resolta con estrutura de formigón e cerramento de bloque, coa cuberta a dúas augas de…
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial
Localízase no lugar Agro de Telleira, entre Quintáns e A Vacariza, a uns 230 metros do Serradoiro de José Ribeiro, tamén na ribeira do Ulla.
Nada se sabe da súa construción ou orixe. A súa propiedade era da familia Rivela, da muller de Ramón Rodríguez "Roeiro".…
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial
Corría o ano 1921 cando o Concello de Valga concedía ao empresario vigués Manuel Posada Fernández, asociado a Manuel Otero Bárcenas, tamén de Vigo, permiso para “edificar una casa de labranza baja, destinada a cocer teja y ladrillo, contigua a un galpón para depósito de maquinaria” no lugar da Torre, na parroquia de Campaña.
As primitivas instalacións van completarse no paraxe chamado Gándara de Campaña cunha eira de secado e un secadoiro aberto, un motor…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
Servía para o tráfico de materiais e mercadorías da Cerámica de Campaña (Novo y Sierra). Aínda se conservan as ruínas dun pequeno peirao no que antigamente se cagaban embarcacións con arxila e pezas de cerámica. Actualmente do vello porto só quedan parte dos cimentos e a rede de vagonetas que unía o peirao coa…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
Anteriormente neste lugar emprazábase a Telleira de María Antonia e a Telleira de Rodríguez. …
Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial
Na década dos anos sesenta e setenta, e incluso nos oitenta, era habitual ver navegar o leito do río Ulla por grandes barcazas cargadas de area. Era unha actividade emerxente que naceu baixo o paraugas da construción, pois as obras, tanto públicas como privadas, comezaban a alorar por todos os municipios da comarca e Galicia. Foi unha actividade moi importante e que deu de comer a moitas…
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial
Palco octogonal construído en pedra.
Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil
Aínda quedan o restos da edificación (garita) vinculada ao desaparecido paso a nivel de Vilar que servía para cruzar a vía de ferrocarril que comunicaba Carril (Vilagarcía de Arousa) e Cornes (Santiago).
A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848, cubrindo a distancia entre Barcelona e Mataró. Unha década despois, a fidalguía e a burguesía influínte galega comezaron a barallar a necesidade dunha vía férrea en Galicia, considerándose varias…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
No 1927 a Cerámica de Campaña (Novo y Sierrra) construía un moderno sistema Bleichert funicular de trasporte aéreo para a arxila que se extraía da Mina Mercedes, así como os materiais cerámicos que se producían na factoría, até o…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro. Muros de cachotería enfuscados e pintados.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Hórreo tipo Noia de dous claros, construído integramente en pedra de grao, de cámara rectangular sobre cepas de cantaría e pechado con doelas pétreas e cuberta de pedra. Voo na parte inferior da grade como tornarratos. Porta en alzado penal. Decoración con cruz latina sen figuración e pináculo con dobre bola. Situado sobre soleira de nivelación, composta por un muro de cachotaría.…
Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, no lugar da Barcia.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Padín, cara o oeste.
Esta é unha das telleiras mellor conservadas da contorna, conservándose o forno, restos do embarcadoiro e da vivenda dos telleiros. O propietario do terreo e do…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial
Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Roeiro, cara o leste.
A Telleira de Padín foi o derradeiro forno que funcionou na comarca do Baixo Ulla. Tamén foi a derradeira en ser construída e a única da comarca da que hai…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial
Telleira hoxe desaparecida no lugar da Devesa.
Arredor do ano 1750 era unha telleira de irmandade propiedade de Benito Granda Santiago de Avalo e outro. Desta vella telleira hoxe tan só se conserva o topónimo O Telleiro referido á finca onde estaba situada unha vella parra de uvas de sabor moi particular. Segundo contan os veciños, fai uns anos, cando se estaba a…