Telleira de Rodríguez

Telleira de Rodríguez - Catoira - San Miguel de Catoira

Imaxe: Alejandro Fernández Palicio

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar das Telleiras, fronte ao Cruceiro da Gabeira Pequena, nos terreos que hoxe ocupan as naves de Productos Ulla.

Pouco se sabe da historia desta telleira. Só se coñece que era propiedade de Emilio Rodríguez, propietario dun bar en Catoira. A telleira foi destruída cando levantaron a fábrica de ladrillo Productos Ulla.

O barro viña de Dena, transportado en barcos, mais descoñécese se era mesturado tamén con barro local.

Non quedan restos do forno.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Telleira de María Antonia

Instalacións náuticas

Cedonosa

Barreiras de Catoira