Fábrica de leite de Pontecesures

Fábrica de leite de Pontecesures - Pontecesures - San Xulián de Requeixo

Imaxe: Arquivo Fábrica da Nestlé de Pontecesures

O 1 de febreiro de 1938 constituíse ILEPSA (Industria Lechera Penisular Sociedad Anónima) e o 16 de agosto de 1939 inaugurouse a primeira fabricación de leite condensada. Pola súa situación á beira do río Ulla, a fábrica permitía a carga e descarga da madeira para as caldeiras, a folla de lata para os envases e dos produtos xa acabados, que eran trasladados en vellos galeóns de vela polo río para chegar a Vilagarcía de Arousa, onde amarraban os buques de maior tonelaxe e facíanse os transbordos.

Pioneira na recollida de leite no campo galego, a fábrica de Pontecesures fíxose cargo en 1978 da produción de La Lechera, que até aquel momento elaborábase en La Penilla de Cayón (Cantabria). En 1983 a factoría converteuse na única de Nestlé dedicada á produción de leite condensada.

Nos anos 70, varios proxectos de fábricas de celulosas quixeron instalarse en varios puntos de Galicia, entre eles Dodro. Promovida por Promotora del Ulla, S.A. (PROULLASA) en 1973, pretendíase a instalación dunha celulosa (fabricación de pasta de papel kraft) nas Brañas de Laíño. ILEPSA opúxose firmemente a este proxecto, ameazando con pechar a súa factoría de Pontecesures.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Mina Cristina

Finca O Telleiro

Cerámica Artística Gallega

Cerámica Celta