Busca

Amosando 121 - 136 de 136 resultados da busca.

Ponte que dá nome á capital do concello. Probablemente construída na mesmo momento en que se fixo o Legoario de Valga, situado na Tarroeira. Co Real Decreto de 1761 deu comezo á construción dunha rede de camiños que partían de Madrid e comunicaban distintas poboacións. Con toda probabilidade foi erixido cando a construción da rede de estradas nas derradeiras décadas do século XVIII,…


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Situado nunha finca do cura ao carón da Igrexa de Santa Cristina de Campaña. Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Obra civil

Situado no campo da festa, compartindo espazo co Cruceiro Nº 2 do Campo e a Escola de Xanza. De base rectangular, todo o palco estaba construído en ladrillo, enfuscado e pintado coas cores branca e marrón. Por un dos laterais accedíase á base inferior, que era utilizada como almacén…


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Ponte construída en pedra que salva o curso dun regato afluente do río Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Ponte construída en pedra que salva o curso do río Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 4 metros de diámetro, coa cuberta de tella curva.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Situado no campo da festa de Cordeiro. De base poligonal e construído en metal e pedra.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Pontella sobre o río Valga que conserva as bases orixinais de pedra, mais a plataforma está formada por unha prancha de formigón


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Os seus precedentes puideron ser romanos, posto que Cesures era o porto de Iria Flavia (restos de madeira petrificados e ben conservados foron atopados en 1959 na zona do porto). Este suposto pasado romano atópase nos textos do xeógrafo árabe Al-Idrisi (século IX) que fala dunha gran ponte de cinco arcos “tan altos que…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Para salvar o río Sar en Conxo e o río Ulla entre Padrón e Ponteesures construíronse dúas pontes metálica, unha en Conxo, a Ponte de Ferro, e outra a Ponte de Ferro ou Ponte da Insua. Ambas foron construídas na fundición de H.J. Potter en Manchester. As estruturas metálicas das pontes chegaron desde Inglaterra e desembárcanse no porto de Carril. Hoxe non se conserva ningunha, a de Conxo…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

O río Valga, ao que xa se incorporou o caudal do rego do Ferreño, forma un estreito val encaixado en penedos graníticos. Neste punto fórmase un salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 10 metros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

Nas barreiras das Gándaras Campaña extraeuse barro desde que existe constancia documental, ao redor do ano 1750. Nun principio non foi unha barreira única, senón que eran unha serie de barreiras próximas ás diferentes barreiras que había no lugar. O barro non era de grande calidade, senón rico en xisto e con pouca liga. Coa instalación da

Nas barreiras das Gándaras Campaña extraeuse barro desde que existe constancia documental, ao redor do ano 1750. Nun principio non foi unha barreira única, senón que eran unha serie de barreiras próximas ás diferentes barreiras que había no lugar. O barro non era de grande calidade, senón rico en xisto e con pouca liga. Coa instalación da


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial

No punto onde o rego do Ferreño se une co río Valga, fórmase este salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 6 metros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

O río Valga, a canle procedente do Muíño de Carlés e a que fornece ao Muíño de Casadamil, forman unha illa fluvial, na que o bosque de ribeira ponse de manifesto coa presenza de freixos, ameneiros, bidueiros ou salgueiros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

O Sistema Fluvial Ulla-Deza (Rede Natura 2000) está formado polo río Ulla e as áreas húmidas lindeiras: as Brañas de Laíño e as Veigas de Campaña e Cordeiro. Presenta unha grande variedade de comunidades vexetais adaptadas ao distintos graos de salinidade, como son carrizos,…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais