Mina Porto Piñeiro

Mina Porto Piñeiro - Valga - Santa Cristina de Campaña

Imaxe: María Ríos

Nas barreiras das Gándaras Campaña extraeuse barro desde que existe constancia documental, ao redor do ano 1750. Nun principio non foi unha barreira única, senón que eran unha serie de barreiras próximas ás diferentes barreiras que había no lugar. O barro non era de grande calidade, senón rico en xisto e con pouca liga. Coa instalación da Cerámica de Campaña (Novo y Sierra) comeza a extraerse barro en grandes cantidades. A barreira principal tomará o nome de Mina Mercedes, nome que xa ten en 1928 no censo da provincia, tendo o número 606 do catálogo. Esta extracción industrial provocará o seu esgotamento nalgunhas das áreas, co que se abrirá a Mina Porto Piñeiro. Nesta etapa o barro mesturábase co que viña de Dena para mellorala súa calidade.

Na actualidade atópase catalogada no inventario de humedais de Galicia (Código IHG 1140151). Este brañal artificial, de 38.600 metros cadrados, conta cun fondo de arxila impermeable onde se acumulou co paso dos anos auga, cunha profundidade constante de 20 metros. O fondo é escuro no que non se desenvolve ningún tipo de vexetación acuática. Os seus bordes son verticais, con vexetación típica de braña: espadana e lentella de auga. A fauna presente na barreira son aves migratorias como batracios, parrulos ou garzas.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Telleira da Devesa

Barreira das Gándaras do Forno

Telleira de Padín

Mina Mercedes