Busca

Amosando 169 - 192 de 277 resultados da busca.

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba ao carón da que fora a derradeira área de extracción da Mina Mercedes.

Existiu antigamente esta telleira que deixou de facer tella hai moitos anos, segundo contan algúns veciños. Pódense aínda observar a simple vista algúns restos…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba preto do Cruceiro do Forno.

Esta telleira é unha das primeiras das que existe constancia, tanto física como documental. Hoxe o forno non se dá atopado, aínda que poida que aínda estea soterrado na parcela que ocupaba a vella…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba ao carón da Hormadisa.

Aínda que podería tratarse dunha das telleiras referenciada no Catastro de Ensenada, as primeiras referencias documentadas datan da matrícula industrial de 1856, cando o telleiro Ramón Benito Vicente dáse de alta. Permanecerá até 1865. Non se terán máis novas dela até que se faga cargo, en 1896, Manuel…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba nos terreos da actual praia fluvial de Vilarello.

A actual praia fluvial de Vilarello chámase A Telleira aínda hoxe, xa que fai moitos anos estivo aquí situada unha telleira da que non se conserva ningún resto debido ás obras…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial

As barreiras das Gándaras do Forno eran unha serie de pequenas barreiras próximas ás telleiras. A maior parte das barreiras coñecidas situábanse en zonas do antigo monte de man común, parte do cal foi ocupado de maneira abusiva por particulares. Nos derradeiros anos de funcionamento destas telleiras o barro mesturábase co barro de Dena na fabricación de tella. Máis antigamente, o barro destas barreiras era o único usado para elaboralas.…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial

As telleiras de Vilar (Telleira de Roeiro e Telleira de Padín) extraían barro da súa contorna, ao pé do Monte Leveiró. Este barro era mesturado co de Dena para a fabricación de ladrillos, mais non así para as tellas.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial

Fonte próxima ao Castelo da Rocha Branca, onde a auga abrollaba dun cano de pedra, que caía sobre unha pía na que se poden apreciar as marcas do afiado de ferramentas de corte.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga

Insua formada polo río Ulapróxima á Insua da Pomba (Valga) e á Insua de Bexo (Dodro e Rianxo).


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais

Este espazo forma, xunto coas Brañas de Laíño de Dodro, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Espazos naturais

Fonte no lugar de Sinde, na que a auga abrolla dun cano de pedra e cae sobre unha pía.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga

Muíño de dous andares ao carón da Ponte da Barca, que aproveitaba a represa das Pesqueiras da Canle. Entre finais dos anos 70 e principios dos 80, foi reconvertido en estación de bombeo da rede de auga potable do Concello de Pontecesures, aproveitando a…


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar da Medela.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar do Campo.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Beiro, a poucos metros da Igrexa Vella.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte á beira do camiño que leva ao Convento de Santo Antonio de Herbón, moi usada polos veciños de camiño á novena de Santo Antonio.


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga

Fonte acaroada a un dos laterais da Capela de San Bieito de Bascuas.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Fonte na que a auga abrolla ao pé do peto de ánimas de Pedroso do Norte, que que posteriormente vai dar á pía do lavadoiro.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Fonte na que a auga abrolla dun cano de pedra e que posteriormente vai dar á pía do lavadoiro a través dunha canle tamén de pedra.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga

Muíño emprazado na ribeira do rego da Rocha, poucos metros antes de desembocar no río Ulla.


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga

Lavadoiro no lugar de Luáns.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga

Lavadoiro no lugar da Matanza.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga

O Muíño Didáctico de Campaña emprázase no lugar do Souto, na marxe do río Valga.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Lavadoiro no lugar de Fontenlo, á beira do Camiño Portugués, restaurado no ano 2020.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Capela vinculada ao Convento do Carme, localizada no interior dunha masa arborada, na parte traseira do convento.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa