Busca

Amosando 73 - 96 de 114 resultados da busca.

Miradoiro natural no Alto do Monte das Cruces, situado a 374 metros de altura sobre o nivel do mar, a escasos 60 metros do Marco da Pena das Cruces.


Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

Pazo construído no ano 1900 no lugar do Barco que conta con hórreo, fonte, cruceiro, escudo, pozo de auga, bancos de pedra e arboredo.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

Onde na actualidade está a Casa Pedreiro, existía antigamente unha vivenda na que, un 16 de marzo de 1897, nacía Carlos Maside. Segundo nos informa Daniel Seijas, a casa orixinal onde nacera foi derrubada a comezos dos anos 60.

Pintor, debuxante e gravador, Carlos Maside é considerado como o indiscutible…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Esta era a casa do administrador do santuario. Esta edificación, xunto coa Casa de Sebe, ambas propiedade da Fundación Paideira Galiza, estaban vinculadas co Santuario da Escravitude.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

O Monte San Gregorio atópase a 223 metros de altura sobre o nivel do mar.


Padrón - Santiago de Padrón | Panorámicas

O Monte Areal atópase a 217 metros de altura sobre o nivel do mar.


Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

Miradoiro construído ao abeiro das obras de construción do parque eólico do Monte Meda. Atópase a 424 metros de altura sobre o nivel do mar.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

Desde o Monte Meda, a 444 metros de altura sobre o nivel do mar, pode verse a bacía do río Ulla e a ría de Arousa, as Torres da Catedral de Santiago, A Estrada, Vilagarcía de Arousa e até a Illa de Arousa. Tamén se observan os montes do Castro Valente, Xesteiras, Xiabre ou…


Padrón - Santa María de Herbón | Panorámicas

No ano 2018, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido restaurou este espazo, antigo vertedoiro, como miradoiro. Desde este punto privilexiado obsérvase o Canón do Lapido, o curso do río Ulla, algunhas pesqueiras e o…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

Miradoiro xusto á beira do leito de río Ulla, que permite ver moi de preto algunhas pesqueiras.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

O Monte da Grela atópase a 402 metros de altura sobre o nivel do mar, nos límites administrativos entre Padrón e Teo. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

O Miradoiro do Galiñeiro, a 143 metros de altura sobre o nivel do mar, ofrece unha moi boa vista da confluencia dos ríos Sar e Ulla, así como de todo o val deste último, que acabará formando a ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

O Miradoiro do Piñeiro Manso, a 35 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre a trama urbana de Pontecesures. Debe o seu nome ao piñeiro manso (Pinus pinea) que desde antigo se eleva neste punto, aínda que o exemplar que a día de hoxe ocupa este espazo non é o orixinal. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde a Chan da Lagoa posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde As Barreiras posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde a Cima de Lato posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

Polo seu emprazamento fisiográfico, o Monte do Castro Valente domina visualmente unha ampla panorámica, tanto do curso do río Ulla, como a confluencia co río Sar e o val deste.


Padrón - Santa María de Herbón | Panorámicas

Situado no alto da Costiña do Carme que enlousada e sen asfalto por ningures, ascende até o convento. Primeiro dos Carmelitas Descalzos e despois pasou aos Dominicos a comezos do século XX, abandonándoo na década dos oitenta debido ao mal estado do edificio, quedando o seu cargo un só dominico, que é o que dá misa normalmente.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa

Ermida de estilo barroco, planta rectangular dunha nave co presbiterio englobado e cantaría de granito. Ten a fachada con porta de orellas e unha fornela coa imaxe do santo cun gran tímpano curvo, coa súa cornixa enlazada cas pilastras de esquina, que pechan o frontispicio. Pequena espadana, dun só corpo no interior, sinxela imaxe pétrea do Apóstolo e no chan apréciase a sepultura gótica de San Gregorio.

Este antigo santuario paleocristián está erixido sobre un…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa

Igrexa de estilo barroco que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Convento de Santo Antonio de Herbón. Planta en cruz latina, con cruceiro e presbiterio con bóveda de arestas que se destaca na planta e no alzado. Perpiaños e cantaría de granito, concertada e rexuntada. Sinxela fachada, cunha grande fiestra, de arco de medio punto e torre…


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura relixiosa

Capela que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Arretén.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura relixiosa

A igrexa do Convento do Carme, dedicada a San Xosé, foi construída en 1752 en estilo barroco (século XVIII). Portada moi ampla de tres arcos sobre pilastras, encima do…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa

O primeiro templo de Iria foi arrasado no século X por Almanzor, para posteriormente, no século XII, o Arcebispo Xelmírez ordenar a súa reconstrución, converténdoa en colexiata. Foi sé episcopal desde o século V até o 1095, colexiata até 1895, e a partires desta data pasou a ser parroquia maior, dedicada a Santa María.

A edificación é de estilo gótico, coa planta en cruz latina de tres naves con cruceiro e dúas capelas acaroadas nos extremos. Presbiterio manifestado…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura relixiosa

Capela na honra de San Miguel, que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo da Torre do Monte. Presbiterio englobado e perpiaños de granito e cachotaría rebocada e lucida. Fachada con porta de arco de medio punto e sobre a mesma un relevo coa figura de San Miguel. O pinche remate con cruz e…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa