Ermida do Santiaguiño do Monte

Ermida do Santiaguiño do Monte - Padrón - Santiago de Padrón

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

Ermida de estilo barroco, planta rectangular dunha nave co presbiterio englobado e cantaría de granito. Ten a fachada con porta de orellas e unha fornela coa imaxe do santo cun gran tímpano curvo, coa súa cornixa enlazada cas pilastras de esquina, que pechan o frontispicio. Pequena espadana, dun só corpo no interior, sinxela imaxe pétrea do Apóstolo e no chan apréciase a sepultura gótica de San Gregorio.

Este antigo santuario paleocristián está erixido sobre un conxunto de rochas graníticas que forman un pequeno monte pétreo. Estas rochas deixan cavidades de diversas formas e tamaño ás que a tradición popular lle asigna diferentes nomes.

Desde a Idade Media foi lugar xacobeo, impulsado no século XV polo Arcebispo Rodrigo de Luna, e no século XX polo Arcebispo Martín de Herrera. Segundo a lenda, cando Santiago estaba a predicar o evanxeo, foi desafiado por unha muller que lle dixo: ”Se o teu Deus ten tanto poder, que faga xurdir a auga para quitar a miña sede”. Entón Santiago golpeou a pedra co seu bastón, xurdindo un manancial de auga ao que hoxe en día se lle dan propiedades milagreiras.

O Santiaguiño do Monte foi un dos escenarios onde se rodou a película “En la red de mi canción”, protagonizada por Andrés do Barro no 1971. Esta aventura cinematográfica do cantante galego fracasou, e incluso foi dobrado por un actor de dobraxe profesional, aínda que as cancións si mantiñan a súa voz.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Capela da Piedade

Capela de San Bieito de Bascuas

Capela do Cemiterio do Santiaguiño do Monte

Casa do Eremita