Igrexa do Convento do Carme

Igrexa do Convento do Carme - Padrón - Santiago de Padrón

Imaxe: Elixio Vieites

A igrexa do Convento do Carme, dedicada a San Xosé, foi construída en 1752 en estilo barroco (século XVIII). Portada moi ampla de tres arcos sobre pilastras, encima do friso unha imaxe en pedra de San Xosé, entre dous escudos, obra do escultor Ferreiro. Cinco fiestras adornan o resto da fachada rematada cun frontón recto con óculo.

Aos lados, dúas espadanas altas, campanario plano con dous ocos para as campás. Interior de tres naves, no altar maior imaxes da Virxe do Carme e San Xosé esculpidas por Ferreiro.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Igrexa de Santa María de Herbón

Cemiterio vello ou dos animais de Santa Cruz

Capela da Orde Franciscana

Casa do Eremita