Busca

Amosando 577 - 600 de 673 resultados da busca.

Lavadoiro situado ao carón do Cruceiro da Laxe Pequena.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Edificación hoxe desaparecida que se emprazaba na Ribeira, na actual Praza da Manuela, ao carón do Porto de Rianxo. Era o lugar onde se vendía o peixe, e onde na súa contorna, as mulleres vendían berberechos e reparaban as redes.

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

A casa de Ramón Sende, situada na Praza de Manuel Antonio, foi o berce do galeguismo en Asados, pois era a sede do Partido Galeguista. En 1936, o partido tiña en Rianxo 264 afiliados, a agrupación máis numerosa de Galicia. Na…

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Miradoiro natural no Alto do Monte das Cruces, situado a 374 metros de altura sobre o nivel do mar, a escasos 60 metros do Marco da Pena das Cruces.

Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

Espazo natural húmido que se estende pola Tarroeira e Redondo, xusto no límite municipal con Valga, onde a presenza da auga é moi destacada. A existencia da auga ponse de manifesto nos numerosos topónimos do lugar (As Charcas, Regato da Revolta, Regato da Xesteira, Regato do Caramés, Brañas de Abaixo, Regato das Brañas ou Poza de Borjas) e tamén polo paso de regatos (regato das Cubelas) e ríos (río Soutiño).

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Espazos naturais

Lavadoiro no lugar de Corral que aínda mantén un uso regular.

Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga

Salto de auga que forma o rego das Lamas, ao pé da estrada que vai de Casal a Sorribas.

Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais

Salto de auga situado a uns poucos metros antes da desembocadura do rego de Xoane no río Ulla.

Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais

Trátase do muíño de máis tamaño dos seis que existen no último treito do rego de Xoane antes de xuntarse co río Ulla. Estes muíños xa aparecen recollidos no Catastro de Ensenada (1749).

Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga

Trátase duns dos seis muíños que existen no último treito do rego de Xoane antes de xuntarse co río Ulla. Estes muíños xa aparecen recollidos no Catastro de Ensenada (1749).

Pazo construído no ano 1900 no lugar do Barco que conta con hórreo, fonte, cruceiro, escudo, pozo de auga, bancos de pedra e arboredo.

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

Fonte de pedra con dous canos metálicos que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo do Barco.

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga

Casa no lugar de Asadelos onde faleceu Manuel Antonio un 28 de xaneiro de 1930. Esta casa foi comprada por dona Pura, súa nai, xa que nesta parroquia exercera de mestra desde 1916. Manuel Antonio nacera nunha casa da rúa de Abaixo do casco histórico de Rianxo, edificación que alberga na actualidade a súa casa-museo.

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Onde na actualidade está a Casa Pedreiro, existía antigamente unha vivenda na que, un 16 de marzo de 1897, nacía Carlos Maside. Segundo nos informa Daniel Seijas, a casa orixinal onde nacera foi derrubada a comezos dos anos 60.

Pintor, debuxante e gravador, Carlos Maside é considerado como o indiscutible…

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Esta era a casa do administrador do santuario. Esta edificación, xunto coa Casa de Sebe, ambas propiedade da Fundación Paideira Galiza, estaban vinculadas co Santuario da Escravitude.

Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil