Petróglifo Nº 2 do Porteliño
Imaxe: Colectivo A Rula
Este petróglifo, xunto co Petróglifo Nº 1 do Porteliño, o Petróglifo da Chanciña, o Petróglifo Nº 1 do Monte Lomba e o Petróglifo Nº 2 do Monte Lomba, forman un conxunto de cinco gravados prehistóricos no Monte Lomba localizados no ano 2021 polo Colectivo A Rula, a partir dos traballos de investigación de Xoán Guitián e o seu fillo Jorge hai máis de 20 anos.
As superficies gravadas localízanse no tramo baixo da ladeira sur-sur leste do Monte Lomba ou Monte Castrelo, que protexe polo norte a poboación de Herbón e, a Iria polo leste. O Monte Castrelo, na parroquia de Santa María de Iria Flavia, é unha modesta elevación que acada os 174 metros de altitude. Na súa cima localízase un recinto fortificado coñecido como Castro do Castelo. A superficie protexida polo recinto ten un diámetro de 110 metros no seu eixo norte-sur e uns 35 metros no leste-oeste, e está delimitado por un parapeto e un foxo. A ficha do catálogo dálle unha cronoloxía xenérica da Idade do Ferro e/ou medieval. A poucos metros ao norte consérvase a Mámoa do Castelo, un enterramento neolítico de boas dimensións.
Os petróglifos concéntranse no tramo inferior da pedregosa aba que descende cara a chaira aluvial que conforma o río Sar. Multitude de pequenas rochas de granito fino espalladas por toda a ladeira presentan numerosas evidencias de actividades extractivas, proba do intenso traballo dos canteiros no pasado.
O Petróglifo Nº 2 do Porteliño localízase nunha laxe inclinada situada a rentes do chan, a escasos metros ao noroeste da estación do Porteliño Nº 1, consérvase un conxunto de 4×4 coviñas aliñadas entre si, o que lle dá ao conxunto o aspecto dun taboleiro de xogo. Localízase na zona máis elevada do panel, no seu extremo norte. As coviñas son profundas e dun diámetro considerable.
Presentan bordos de arestas vivas que fan pensar nunha antigüidade relativa o que desbotaría, a priori, unha cronoloxía prehistórica para eles.
- INFORMACIÓN
- Código: PA-AQ027
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arqueoloxía
- Cronoloxía: Idade do Ferro
- Concello: Padrón
- Parroquia: Santa María de Iria Flavia
- Lugar: Monte Lomba
- Acceso a pé: Regular
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Non
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.739499037672 , -8.6406928382924
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.