Busca

Amosando 217 - 240 de 458 resultados da busca.

Servía para o tráfico de materiais e mercadorías da Cerámica de Campaña (Novo y Sierra). Aínda se conservan as ruínas dun pequeno peirao no que antigamente se cagaban embarcacións con arxila e pezas de cerámica. Actualmente do vello porto só quedan parte dos cimentos e a rede de vagonetas que unía o peirao coa…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial

Fonte no Monte da Cabana.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Anteriormente neste lugar emprazábase a Telleira de María Antonia e a Telleira de Rodríguez


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial

No lugar así chamado atópase unha entrada de terra no río Ulla, cun buraco que, ao subir a marea, se enchía facendo un pozo (do latín puteu).

En canto ao segundo elemento do topónimo, uns din Cornelia e outros Cornela; en calquera dos casos a orixe está na voz precéltica carn ou corn, "pedra". Este significado refórzase con outros nomes de lugar á beira do río: Cantiño (do preindoeuropeo cant- "pedra, rocha") ou o propio nome de Peirao (…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Un pequeno sendeiro leva desde a Ermida de San Pedro de Vilas até a coñecida como Fonte da Tixola.


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

Muíño no lugar de Quintáns.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

O pozo foi construído cando a casa, no ano 1916. Conta cunha entrada por un lateral a través dun túnel escavado na pedra, como se dunha mina se tratase. Do fondo do mesmo, sae un rego de auga que emboca nunha especie de lavadoiro.


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

Muíño situado á beira do regato de Quintáns.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Na década dos anos sesenta e setenta, e incluso nos oitenta, era habitual ver navegar o leito do río Ulla por grandes barcazas cargadas de area. Era unha actividade emerxente que naceu baixo o paraugas da construción, pois as obras, tanto públicas como privadas, comezaban a alorar por todos os municipios da comarca e Galicia. Foi unha actividade moi importante e que deu de comer a moitas…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial

Manancial de auga ao carón do Camiño Portugués.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Muíño no lugar de Cerneira.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Cerneira de Abaixo.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Vilar.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Cimadevila.
 


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Barro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar da Canle.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

No 1927 a Cerámica de Campaña (Novo y Sierrra) construía un moderno sistema Bleichert funicular de trasporte aéreo para a arxila que se extraía da Mina Mercedes, así como os materiais cerámicos que se producían na factoría, até o…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial

Fonte no lugar de Balleas elaborada a partir de bloques graníticos, coa inscrición “F. Dones”.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Padín, cara o oeste.

Esta é unha das telleiras mellor conservadas da contorna, conservándose o forno, restos do embarcadoiro e da vivenda dos telleiros. O propietario do terreo e do…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial

Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Roeiro, cara o leste.

A Telleira de Padín foi o derradeiro forno que funcionou na comarca do Baixo Ulla. Tamén foi a derradeira en ser construída e a única da comarca da que hai…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida no lugar da Devesa.

Arredor do ano 1750 era unha telleira de irmandade propiedade de Benito Granda Santiago de Avalo e outro. Desta vella telleira hoxe tan só se conserva o topónimo O Telleiro referido á finca onde estaba situada unha vella parra de uvas de sabor moi particular. Segundo contan os veciños, fai uns anos, cando se estaba a…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba nos terreos situados ao carón do bar A Casa Vella, no lugar da Torre.

Existiu nesta finca un forno de cocer tella. O forno dá nome á parcela que o albergou, Finca O Telleiro. Do forno non quedan restos e ninguén se lembra de cando funcionaba. O terreo está…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba moi próxima ás vías do ferrocarril e baixo o cable do transporte funicular aéreo que unía a Cerámica de Campaña (Novo y Sierra) co…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba onde hoxe está o Bar O Belén.

Debaixo do que hoxe é unha edificación, houbo unha telleira de dous fornos segundo contan varios veciños, mais nunca a coñeceron en funcionamento. Non existen restos de ningún tipo. A derradeira vez que estivo en funcionamento foi co telleiro José Pérez Portela entre 1910 e 1926, segundo indica a…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial