Busca

Amosando 97 - 114 de 114 resultados da busca.

Igrexa de estilo barroco, con planta dunha soa nave, rectangular, co presbiterio destacado na planta e no alzado. Perpiaños e cantaría rexuntadas e á vista. Fachada con porta de orellas. Frontón recto coa imaxe da Virxe dentro dunha fornela semicircular. Espadana sinxela cun corpo de campás, sen pilastras e con remates en pináculos piramidais e un pararraios..


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura relixiosa

O conxunto comprende unha vasta finca á beira do río Ulla, abranguendo a igrexa e o edificio conventual, que rodean o claustro e un patio menor, máis unha carballeira. Fora dos muros da finca, a horta, vinculada cunha rampla e escalinata.

A nivel arquitectónico destaca o claustro, a dependencia do Arcebispo, a…


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura relixiosa

Igrexa románica da segunda metade do século XII que foi mandada construír polo Arcebispo Xelmírez. Consta dunha soa nave de planta rectangular e de considerable altura, con contrafortes para reforzar os muros. Leva sancristía acaroada ao muro norte e o tellado vai a dúas augas con cuberta de tella curva. Amosa na fachada unha portada con tres arquivoltas peraltadas, a superior con arcos lobulados, e as outras con molduras e adornos xeométricos, sobre seis columnas…


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura relixiosa

Capela localizada no interior do Cemiterio do Santiaguiño do Monte.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa

Igrexa de planta rectangular, máis ampla na zona da cabeceira, muros de cantaría de granito, tellado a dúas augas e cuberta de tella. Na fachada a porta principal vai decorada nas xambas. Esta aparece con orelleiras cadradas de baquetóns superpostos que enmarcan a porta, flanqueada por pilastras caixeadas que sosteñen unha moldura dupla, que fai ás veces de entaboamento. A cornixa sobresae máis notablemente, e sobre ela descansan dous pináculos nas esquinas e unha fornela…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura relixiosa

Igrexa de estilo barroco, planta de nave con presbiterio destacado e cantaría de granito e cachotaría. Fronte con porta de orellas molduradas e pinche con beiril que, revirándose horizontal, serve de pé á espadana dun só corpo, con pilastras afundidas e grande beiril moi moldurado; remate en triángulo curvo, ao que lle falta beiril e cruz. Presbiterio con arco triunfal de medio punto, sobre pilastras, con fermosa cancela, feita en madeira policromada.

Os veciños…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura relixiosa

Capela de estilo barroco que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Santa Cruz da Granxa. Planta rectangular dunha nave e presbiterio cadrado, destacado na planta e no alzado. Cantaría de granito. Fachada con frontón recto, que inclúe unha fornela no tímpano e pequena espadana sinxela;…


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura relixiosa

De estilo neoclásico sobrio, substitúe a unha igrexa mandada construír polo Bispo Teodomiro no século IX, á outra fundada polo Arcebispo Xelmírez no ano 1133 e á refundada por Lope de Mendoza no século XV, de estilo gótico. Sufriu diferentes reformas, sendo a última do ano 1867.

No seu interior acolle ao Pedrón, unha pedra que ben sendo o elemento máis xacobeo de toda a vila e que, segundo a tradición, foi amarrada a barca que traía os restos do Apóstolo Santiago…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa

Emprazada xunto á Ermida do Santiaguiño do Monte, conta a lenda que nela viviu a Raíña Lupa. De planta cadrada e fábrica de perpiaños e cantaría con cascallo. Sobre a porta, beirado sobre esteos. No andar baixo ten unha fiestra con arco mixtilíneo. O andar alto ten unha fiestra por cadansúa fachada, o que lle presta aspecto de torre.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa

Capela vinculada á Orde Franciscana.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa

Igrexa de estilo románico, aínda que podería tratarse de estilo prateresco ou barroco. Planta rectangular dunha nave con cabeceira destacada. Cantaría de granito. Fachada con portada de frontón recto partido e torre de campás dun só corpo. Pilastras ortogonais con cupuliña. Canzorros e porta do século XVI no muro norte e canzorros no muro sur. Ábsida. Contrafortes con canzorros nos muros norte e sur. Muro leste con fiestra absidal de arquivoltas. Presbiterio dobrado con…


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura relixiosa

O monumental Santuario da Escravitude, situado a medio camiño entre Santiago e Padrón, de estilo barroco e neoclásico, é obra de José San Martín. As orixes remóntanse ao século XVI, sendo construído maioritariamente no século XVII e rematado definitivamente no 1885.

Planta de cruz latina, dunha soa nave, con cruceiro e presbiterio destacados en planta e alzado. Cantaría de granito. Fachada con porta de orellas, grande fornela para a Virxe, decorada con volutas,…


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura relixiosa

A capela orixinal era de estilo barroco, planta rectangular e perpiaños de granito. Tiña a fachada con pequena espadana rococó, coa base voada, coroación curvilínea e balaústre no remate. Foi destruída na década dos 90 do século XX.

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural denegou a autorización para a construción da edificación actual, mais a propia administración recoñece "que non se exerceron no seu día as potestades na orde sancionadora que correspondían…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa

Pequena capela á entrada co Convento de Santo Antonio de Herbón.


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura relixiosa

No 1965 inaugurouse a capela anterior á actual, pagada polos veciños, e que estaba localizada nun pequeno outeiro preto do campo da festa, ao carón da N-550, e que substituía a outra aínda máis antiga.

A capela do 1965 viuse afectada polo que ían ser as obras de ampliación da N-550 que, finalmente, quedáronse na…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura relixiosa

A Igrexa de San Xulián de Requeixo é de orixe románica, mandada construír polo Bispo Diego Xelmírez, sobre a antiga Capela de San Xulián en 1908. Rematouse de construír o 1 de outubro do ano 1116. Segundo a carta arqueolóxica editada polo Museo de Pontevedra, no ano 1918 foi localizada nesta capela unha ara dedicada a Xúpiter, outra ofrecida aos Lares e outras dúas ilexibles; todas elas permanecen actualmente no Museo de Pontevedra.

San Xulián de Requeixo é un…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura relixiosa

A partir do ano 1968, San Xulián de Requeixo, quedou desligado da parroquia de Santa Mariña de Herbón (Padrón) por mandato do Arcebispo de Compostela, Miguel García Cuesta. Até entón o culto víñase celebrando na antiga Capela de San Xulián e na desaparecida Capela de San Lázaro, vinculada ao Lazareto de San Lois. No ano 1875, unha xunta parroquial acordara construír un…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura relixiosa

Capela que se localiza no camiño de subida ao Miradoiro do Galiñeiro, emprazada no interior do Cemiterio de Pontecesures.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura relixiosa