Casa do Eremita

Casa do Eremita - Padrón - Santiago de Padrón

Imaxe: Terras de Iria

Emprazada xunto á Ermida do Santiaguiño do Monte, conta a lenda que nela viviu a Raíña Lupa. De planta cadrada e fábrica de perpiaños e cantaría con cascallo. Sobre a porta, beirado sobre esteos. No andar baixo ten unha fiestra con arco mixtilíneo. O andar alto ten unha fiestra por cadansúa fachada, o que lle presta aspecto de torre.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-AR007
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura relixiosa
  • Cronoloxía: Século XVI
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santiago de Padrón
  • Lugar: Alto do Santiaguiño
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Na porta de entrada engadíuselle un elemento arquitectónico alleo.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Capela do Pazo de Arretén

Santuario da Escravitude

Capela de Santiago

Capela de Santa Cruz