Busca

Amosando 49 - 72 de 273 resultados da busca.

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar das Telleiras, fronte ao Cruceiro da Gabeira Pequena, nos terreos que hoxe ocupan as naves de Productos Ulla.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial

Na contorna do espazo que hoxe ocupa a Lagoa de Pedras Miúdas, existían numerosos lugares de extracción de barro, próximos ao lugar das Telleiras, onde se localizaban a Telleira de María Antonia e a…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial

Mina de barro, que se localizaba na cotorna de onde na actualidade se empraza o pavillón de deportes, da que se descoñece para que era utilizada.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial

Na Telleira de Quintáns extraíase barro do monte veciño, do outro lado da estrada, onde había “dúas ou tres covas de onde apañaban o barro”. Este barro era rico en xisto, polo que o mesturaban co procedente de Dena.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial

Na parede sur da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia localízase este reloxo de sol.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil

Vista do Esteiro do Ulla desde a contorna da Casa da República en Sestelo.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

Na baixada do Monte Agudo desde A Porteliña, esta antiga telleira emprázase na Punta Palleiro, preto das Trece Cruces.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial

Na parede sur da Igrexa de San Xián de Laíño localízase este reloxo de sol. Ten o gnomon invertido e as liñas horarias non corresponden coas horas reais.


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Panorámica do val do Ulla desde o lugar de Castro.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Pombal de planta circular que forma parte do conxunto de edificacións que conforman Cedonosa.


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Pombal de planta circular no lugar de Pedroso do Norte.


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Panorámica do val do río Ulla desde Caldebarcos.


Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas

Localizado no alto do muro de cachotaría de peche da Casa Nº 1 de Sestelo.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

Á dereita da entrada da Igrexa de San Mamede de Abalo localízanse dous reloxos de sol, sendo o da esquerda máis antigo que o da dereita


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

No lado leste da Igrexa de San Pedro de Dimo localízase este reloxo de sol. A súa data de construción descoñécese, xa que as letras do cuadrante son ilexibles, mais podería datar do  século XVI, xa que os muros e os contrafortes que conserva a igrexa pertencen a esta data. O reloxo é de granito, plano e pertence á categoría…


Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil

Situado nunha finca privada pechada no lugar de Rialiño.

É de planta circular, coas paredes encaladas e coa cubrición cónica.

Unha veciña recorda cando aínda tiña pombas. Terá uns setenta ou oitenta anos.


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

O rego Salgueirón, duns 2.200 metros de lonxitude, nace na Fonte Salgueirón e desemboca no río Ulla, xa no Porto de Cesures. Ao longo do seu percorrido ten asociados elementos que aproveitan as súas augas: o…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Tamén coñecida como a Pontella do Rechán de Guixar, foi construída para salvar o rego do Treito no camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á parroquia de San Xoán de Laíño.

Antes de construír a…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil

Afloramentos rochosos á beira do camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á freguesía de San Xoán de Laíño.

Trátase dunha cadeira de pedra, co seu respaldo e unhas marabillosas vistas aos montes da contorna: o Cerqueiro, o monte do Araño, o Treito... A pedra é branca, destacando…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

Situado no lugar chamado Bustelo, preto das aldeas de Rialiño, Paizal e Traxeito. Neste punto tan só existen un par de vivendas, un alpendre e o pombal, ademais dun muíño xa máis abaixo, que era o que daba luz eléctrica a este pequeno enclave.

De planta circular e con muros de…


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Localizado no lugar coñecido como a Banda de Tarrío, sobre o muro de peche da finca da Casa do Brañeiro situada ao pé da estrada que separa Tarrío da Banda.

Pombal de planta cuadrangular, con paredes de ladrillo recebadas e pintadas de branco e cuberta a dúas augas, con pequenas…


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Localizado no medio de Imo, xunto á Eira das Cabanas.

É de planta semicircular, con paredes de cachotaría de granito con restos de encalado. As entradas das pombas, 3 orificios cuadrangulares, están delimitados por catro lousas de pedra a xeito de caixa. Cubrición a unha auga de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

O hórreo sitúase no patio pechado da casa nº 35, na Aldea de Abaixo.

Situado nun hórreo de Manselle, na parte traseira, apoiado no pináculo. O reloxo, feito nunha placa de granito, é de forma rectangular coa parte superior rematada en semicírculo. Non conserva o…


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Localizado no pinche traseiro dun hórreo de Reboiras, o cal se ergue no lugar coñecido como O Outeiro, na entrada sur do núcleo, ao pé dunha pista asfaltada.

Exemplar de reloxo de sol construído nun fermoso hórreo que, ademais, ten decoración insculpida nos dous…


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil