Pontella da Devesa do Rei
Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro
Tamén coñecida como a Pontella do Rechán de Guixar, foi construída para salvar o rego do Treito no camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á parroquia de San Xoán de Laíño.
Antes de construír a Igrexa de San Xoán de Laíño en 1754, a aldea de Bustelo pertencía á parroquia de Santa Baia do Araño. O Camiño dos Mortos ía paralelo ao rego do Treito ou río de Bouzas que lle chaman os de Bustelo, mais ao non estar feita esta pontella moitas veces era imposible o traslado dos defuntos cara o camposanto, polas enxurradas que no inverno facían imposible transitar polo camiño, tendo que agardar varios días na aldea hasta que as condicións do río permitiran á comitiva fúnebre achegarse ate a igrexa. Un ano que había moita enchente non puideron cruzar o río e tiveron que dar volta e enterrar ao finado en San Xoán de Laíño, foi aí cando decidiron cambiar de concello.
Unha vez construída a Igrexa de San Xoán de Laíño, os veciños de Bustelo decidiron trasladar aos defuntos até a nova igrexa, pois as condicións do camiño eran moito mellores e o treito era menor.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-OC036
- Outras denominacións: Pontella do Rechán de Guixar
- Tipoloxía: Obra civil
- Cronoloxía: -
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa Baia do Araño
- Lugar: Devesa do Rei
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Non
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.720030484463 , -8.7720367001141
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.