Igrexa de San Xián de Laíño
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
A actual igrexa é de boa construción barroca (século XVIII). Ten unha nave de planta rectangular, Presenta un campanario barroco integrado por dous corpos, sendo o primeiro de sección cuadrangular, que aloxa unha campá no seu interior e a segunda de sección octogonal, rematada nunha cúpula. O interior deste templo figura entre os máis belos exemplos de sabia conxunción de arquitectura e escultura da diocese, con tres retablos de gran calidade que ocupan os frontes orientais do presbiterio e os brazos do cruceiro, encargados en 1764 a Francisco Núñez de Boiro. Trátase do Retablo Maior e os laterais da Virxe do Dolores e o Divino Redentor. O Retablo Maior, do que non se teñen datos documentais, ten unha grande calidade, facendo pensar en Francisco de Lens como seu autor, tratándose dun dos mellores retablos da época barroca da zona.
Nunha pedra do muro sur da igrexa figura a data de 1743 que se corresponde cunha definitiva contratación de obras. Parece que a igrexa se remata e 1745.
No cemiterio foi soterrado Eusebio Lorenzo Baleirón. Na lápida pódense ler uns versos seus: “En ti comparto os días e os silencios, as mañáns transparentes, as futuras”. Con motivo da celebración do certame de poesía que leva o seu nome, vénselle facer cada ano no mes de decembro unha ofrenda floral.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-AR005
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arquitectura relixiosa
- Cronoloxía: 1745
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xián de Laíño
- Lugar: A Igrexa
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (AR-05)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.724599660105 , -8.7146194207708
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.