Busca

Amosando 49 - 66 de 66 resultados da busca.

Construción adxectiva pertencente ao Palacio de Lestrobe.

É de planta circular con muros de cachotaría de granito, lucidos con morteiro de cemento e encalado. As xambas e o lintel da porta de acceso son de cantaría…


Dodro - Santa María de Dodro | Obra civil

Na horta da Casa de Aguirre, nun alto, xunto a outro pombal.

De planta circular e muros de cachotaría, agás a porta de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Nun dos outeiros dos arredores do lugar de Imo.

Pombal de planta circular e muros de cachotaría, agás a porta de acceso que é de perpiaño. Porta con trabatel. Fachada encintada con morteiro de cemento, e lousas que sobresaen do muro á altura dos buratos existentes para a entrada e saída das pombas. Tellado cuberto…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Situado nunha finca privada pechada, no lugar de Paizal.

De planta circular e con muros de cachotaría de granito, actualmente encintada con cemento. Presenta lousas que sobresaen do muro a modo de repisa todo ao redor da parte superior do pombal. Con cinco buratos para a entrada e saída das pombas. Cuberta de…


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Na horta da Casa de Aguirre, nun alto, xunto a outro pombal.

De planta circular e muros de cachotaría, agás a porta de acceso que é de perpiaño. Fachada encintada con morteiro de cemento, así como lousas perimétricos que sobresaen do mesmo á altura dos buratos existentes para…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Nunha horta que rodea á casa do propietario, na parte superior no lugar da Aldea de Arriba.

Pombal de planta circular e muros de cachotaría enlucidos con morteiro de cemento e encalados. Porta de madeira con trabatel. Presenta lousas de pedra perimétricas que sobresaen do muro á altura dos buratos existentes para…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

No medio de Imo, nun outeiro, ao pé da Eira das Cabanas. A horta da Casa das Señoritas de Rial estaba dividida por un camiño denominado Entrehortas; na parte dereita, no lugar máis alto, está o pombal.


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Localizado nunha finca privada pechada, propiedade orixinalmente da familia co alcume dos Macanudos.

É de planta circular e muros de cachotería encintados con morteiro de cemento. Lousas de pedra perimétrica que sobresaen do muro á altura dos buratos existentes para a entrada e saída das pombas, na parte superior…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Situado entre os lugares coñecidos como Botafal (do Pombal para arriba) e Salamosa (do Pombal para abaixo).

De planta circular e muros de cachotaría, agás a porta de acceso que é de perpiaño, con folla de madeira e alintelada. Fachada encintada con morteiro de cemento, e lousas que sobresaen do muro á altura…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Atópase no lugar coñecido como Agro da Chousa, no Quinteiro de Arriba.

De planta circular e muro de cachotaría enlucido con morteiro de cemento e encalado. Na zona alta, e coincidindo coas tres aberturas para a entrada e saída das pombas, lousa de pedra perimétrica. Cuberta a unha auga (ou de ferradura) con remate…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

O Monte Pedregueira atópase a uns 119 metros de altura sobre o nivel do mar. Desde o miradoiro (un espazo acondicionado con pasarela de madeira, varandas e un banquiño) aprécianse unhas preciosas vistas da Ría de Arousa, a desembocadura do río Ulla, a Illa de Cortegada ou a parte sur da Serra do Barbanza.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas

Pontella sobre o rego da Amproa.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Obra civil

Estrutura pétrea de forma cuadrangular, realizada con pedras de gran tamaño de formas irregulares, no lugar de Punta Rebateira. Era aquí onde paraban os barcos para cargar pedra procedente da canteira que se atopaba nas proximidades (ao norte do porto).

O porto aínda conserva a…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Obra civil

Lugar onde queda unha pequena depresión do asentamento dun forno oleiro. Actualmente non queda case estrutura, mais si memoria da mesma.

Segundo a descrición de Luciano García Alén, os fornos de Bamio eran similares aos fornos antigos de Buño, cilíndricos, abertos na parte superior, duns 2 metros de altura e 2,5 metros de diámetro, cos muros de cachotaría de granito. A súa “parrilla” constaba dunha placa central circular feita…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial

As “bólas” de barro, que pesaban de 25 a 30 quilogramos, subíanse en carros ou cestas que chegaban en barcos até preto do Campanario de Bamio, xunto a esta pedra granítica, A Laxe, lugar onde se amasaba o barro. Se o barro estaba seco, botábase auga no pío de pedra, amasábase con ferramentas, cos pés ou coa axuda dalgún animal. En todo este proceso era fundamental o traballo das mulleres.

Este pío foi salvagardado pola…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial

No Monte Xiabre, a uns 408 metros sobre o nivel do mar, existe un miradoiro que se caracteriza por estar localizado nunha zona rochosa, na cal se ergue unha cruz de pequenas proporcións de ferro. En setembro do presente ano 2022 o Concello de Vilagarcía acondicionou este espazo agregándolle unha pasarela de metal e…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas

Esquecido durante anos, a súa contorna foi limpada e é o único forno de cocción de louza de Bamio que conserva estrutura aínda en pé. Na memoria oral consérvase que neste forno cocía ás veces o louceiro José Casal.

Segundo a descrición de Luciano García Alén, os fornos de Bamio eran similares aos fornos antigos de Buño, cilíndricos, abertos na parte superior, duns 2 metros de altura e 2,5 metros de diámetro, cos muros de…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial

Segundo se conta na web de Buxa (Asociación Galega do Patrimonio Industrial), a primeira elaboración de gasosas en Galicia fixérase en Santiago en 1874, tal vez naquel restaurante que inaugurara na compostelá rúa das Orfas o suízo Antonio Mengotti, como outros compatriotas fuxido do Cantón dos Grisones na procura dunha vida mellor. Dous anos máis tarde, abríase na…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial