Pombal Nº 3 de Teaio

Pombal Nº 3 de Teaio - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Atópase no lugar coñecido como Agro da Chousa, no Quinteiro de Arriba.

De planta circular e muro de cachotaría enlucido con morteiro de cemento e encalado. Na zona alta, e coincidindo coas tres aberturas para a entrada e saída das pombas, lousa de pedra perimétrica. Cuberta a unha auga (ou de ferradura) con remate de prancha de fibrocemento. Enriba do tellado ten unha sobrepena para amparar as tellas do vento do norte. Na porta, alintelada, non existe trabatel, que foi substituído por un traveseiro de madeira para impedir o acceso dos animais. Mide 13 metros de perímetro e 4 de alto.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría, aproximadamente, con moitas reservas, de 1780, ou posterior (1830).

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC012
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: 1830
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Teaio
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Bo, aínda que o encalado está algo desconchado.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-19)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pontella do Muíño Tellado

Pombal Nº 1 de Teaio

Pontella do Muíño de Riba

Pombal da casa reitoral de San Xián de Laíño