Pombal da Viña

Pombal da Viña - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Nun dos outeiros dos arredores do lugar de Imo.

Pombal de planta circular e muros de cachotaría, agás a porta de acceso que é de perpiaño. Porta con trabatel. Fachada encintada con morteiro de cemento, e lousas que sobresaen do muro á altura dos buratos existentes para a entrada e saída das pombas. Tellado cuberto de alcatrán por mor das humidades. Presenta tornarratos no interior. Mide 13 metros de perímetro e 4 de altura.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría do ano 1780, con algunha reserva. Parece que en tempos foi todo un símbolo daqueles paraxes.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC005
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: 1780
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Imo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    .Ruinoso. Fermoso exemplar desprotexido e abandonado. Atópase cuberto de vexetación, así como o terreo no que se implanta.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-05)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Rúa Moncho Reboiras

Reloxo de sol Nº 2 de Teaio

Reloxo de sol Nº 1 de Castro

Reloxo de sol Nº 1 de Rial da Lagoa