Pombal de Ferreirós

Pombal de Ferreirós - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Nunha horta que rodea á casa do propietario, na parte superior no lugar da Aldea de Arriba.

Pombal de planta circular e muros de cachotaría enlucidos con morteiro de cemento e encalados. Porta de madeira con trabatel. Presenta lousas de pedra perimétricas que sobresaen do muro á altura dos buratos existentes para a entrada e saída das pombas. Cuberta a unha auga ou de ferradura, con remate de lousa sobre entramado de madeira. Presenta tornarratos a medio metro de alto no interior. Mide 4 metros de altura e 15 de perímetro.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría, con reservas,  de finais do século XVIII, por ser a mesma data que para outros pombais da aldea. Pertenceu, nun principio, a unha ilustre familia chamada Ferreirós, na práctica extinguida.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC008
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: Século XVIII
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Imo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Bo, aínda que se advirte a falta de coidados. Actualmente en uso.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-08)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal de Castro

Reloxo de sol Nº 1 de Rial da Lagoa

Pombal de Rialiño

Pombal Nº 3 de Teaio