Pombal da Casa das Señoritas de Rial

Pombal da Casa das Señoritas de Rial - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Eladio Cortizo

No medio de Imo, nun outeiro, ao pé da Eira das Cabanas. A horta da Casa das Señoritas de Rial estaba dividida por un camiño denominado Entrehortas; na parte dereita, no lugar máis alto, está o pombal.

É de planta circular e muros de cachotaría enlucidos con morteiro de cemento e encalados. Lousas de pedra perimétricas que sobresaen do muro á altura dos catro buratos existentes para a entrada e saída das pombas. Cuberta a unha auga (ou de ferradura) con remate de lousa sobre entramado de madeira. Actualmente presenta un canalón de plástico na parte frontal da cuberta. Ten un unhas medidas de 15 metros de perímetro e 4 metros altura.

Segundo a ficha de Patrimonio, dataría entorno ao ano 1780, data pola que se instalaría a familia propietaria orixinaria no lugar. O primeiro propietario foi cofundador da igrexa parroquial por 1754.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC009
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: 1780
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Imo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Bo, aínda que o encalado está algo desconchado e cuberto de musgo, e presenta un canalón de plástico na fronte para recoller e escorrentar a auga da chuvia. Recoméndase a súa conservación.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-15)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Reloxo de sol de Lestrobe

Reloxo de sol Nº 2 de Teaio

Pombal do Pazo de Hermida

Pombal de Fino