Busca
No curral doméstico e ao pé dun camiño, no extremo norte da aldea.
A cimentación é unha repisa alta de cachotes de granito. Os soportes son cinco cepas de perpiaño. Os gabinetes están pechados con balaústres e unha cinta de cemento, para usos domésticos. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten catro claros, pechados con balaústres…
Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos
Situado ás aforas do núcleo, nunha eira no ángulo NE da aldea.
A cimentación non é visible, ao estar o lugar cuberto de vexetación, mais parece que carece de plataforma. Os soportes son tres cepas de perpiaños. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados orixinalmente con balaústres de madeira, aínda que…
Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos
Situado na mesma finca que outro hórreo, no núcleo da aldea.
Exemplar de gran tamaño de hórreo mixto. A cimentación é unha repisa alta de perpiaños encintada con cemento, de algo máis de 1 metro de altura. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente nela. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten catro claros con…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Nunha finca con herba ao pé dunha pista asfaltada, fronte a portada de entrada ao Pazo de Tarrío.
A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito duns 30 centímetros de altura e cuberta de vexetación. Os soportes son catro cepas de pedra. O…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Situado no lugar coñecido como A Eira, ao pé dunha pista asfaltada.
A cimentación é unha repisa baixa pero ancha, duns 3,30 metros de ancho e 40 centímetros de alto. É de cachotaría de granito, cuberto en parte de vexetación. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento, cada unha sobre unha base rectangular tamén de cachotaría,…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
No patio pechado da casa, na parte traseira, correspondendo ao solar nº 26.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito e argamasa, de 1,20 metros de alto. Os soportes son tres cepas de pedra molduradas na parte superior e inferior. Os gabinetes, abertos, son empregados para gardar leña. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Situado nun pequeno patio pechado situado detrás da casa á que pertence, correspondente ao solar nº 30.
A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, recebada con cemento no seu lateral Oeste, medindo 50 centímetros por este lado e 1 metro polo lateral leste. Os soportes son catro cepas de pedra molduradas na parte superior, tamén recebadas…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
No medio da aldea, case afogado polas casas.
A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son catro cepas de perpiaños. Gabinetes pechados con ladrillo e cemento para uso doméstico. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Presenta unha porta de…
Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos
Castro case desaparecido, sendo case imposible establecer as súas dimensións reais, mais que probablemente garde algunha relación cos xacementos de Agramar e As Cortinallas, en Valga.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía
Xacemento situado nun pequeno outeiro, desde onde domina todo o val do Ulla. Aínda tratándose dun xacemento moi alterado, o Castro de Cesures (Monte do Castro) aínda se identifica a través da ortofotogrametría histórica e das imaxes do LIDAR. Conta a lenda que había un túnel desde o castro até o río, onde os cabalos ían beber.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía
Á beira da Ponte de Cesures había un peirao, onde se atoparon pontóns soterrados de madeira petrificados e ben conservados en 1959, xunto a cerámica e moedas romanas, desde as acuñadas en tempos de Tiberio até Constantino III. Na época de dominación romana, Cesures era o porto de Iria Flavia.
A importancia portuaria de Pontecesures foi tal que, xa en…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía
O Camiño Portugués a Santiago discorre polos lugares de Condide, Carreiras, Infesta, San Xulián, para finalmente cruzar o río Ulla destino a Compostela.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía
A Vía Militar Romana Número XIX discorre polo Concello de Pontecesures de norte a sur ao longo da N-550, para despois enlazar coas rúas Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García.
O Itinerario de Antonino, na súa guía de camiños, contabiliza 299 millas para o percorrido da Vía Militar Romana Número XIX Via a Bracra Asturicam por Lugo. No seu percorrido sur a norte pola provincia de Pontevedra, discorre pola depresión meridiana, eixo de comunicación…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía
Trátase do camiño que Frei Martín Sarmiento realizou en 1745 para gañar o xubileu. Un carreiro de 190 quilómetros que percorre a costa guiándonos cara a Santiago de Compostela. O camiño entra no termo municipal de Pontecesures polo Monte do Porto, para despois dirixirse cara ao Porto de Cesures.
…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Xacemento arqueolóxico no Monte Galiñeiro.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía
O rego Salgueirón, duns 2.200 metros de lonxitude, nace na Fonte Salgueirón e desemboca no río Ulla, xa no Porto de Cesures. Ao longo do seu percorrido ten asociados elementos que aproveitan as súas augas: o…