Busca

Amosando 241 - 264 de 444 resultados da busca.

Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas con remate de tella camba.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte por debaixo da rasante, á cal se accede mediante unha rampla de pedra, con remate da parte alta de forma circular e un só cano.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a unha soa auga con remate de tella camba.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte cun só cano, á que se accede a través duns chanzos e rampla executados con lastras de granito.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Fonte no límite municipal de Dodro con Padrón, que se aproveita para indicar o inicio do mesmo cun machón granítico, sobre o que se labrou o escudo municipal. O cano atópase adornado cunha cabeza de león.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Fonte por debaixo da rasante, á cal se accede a través duns chanzos de perpiaño de granito. Ten un corpo principal con acabado redondo na parte superior e dous saíntes laterais, que aloxan un só cano.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Fonte no muro de entrada á Casa do Pichón, que consta dun corpo principal decorado con columnas e remate moldurado. Pía elevada sobre soporte, cunha billa de latón.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

O arcebispo Felipe Fernández Vallejo remodelou o Palacio de Lestrobe por completo, fixo unha nova capela comunicada interiormente co pazo e levantou unha fonte diante, quedando obrigado a darlle servizo diario aos veciños. No patio celebrouse cada ano a festa dos Aflixidos, arredor do chafarices da fonte coroada por un Santiago peregrino. Os oito tornos cumprían a función…


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Tamén chamado Muíño da Devesa, aínda que popularmente coñécese como Muíño de Valentín, posto que foi este quen o construíu, arredor do ano 1926.

Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas, con remate de tella camba, sobre pranchas de fibrocemento. Trátase dun muíño de regato ou cubo utilizado para moer gran, aínda que tamén se utilizaba para producir electricidade. Unha…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas, con remate de tella camba.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas, con remate de tella camba.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño emprazado na ribeira oeste do rego de Manselle. Construído a partir de muros de cachotaría encintada, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. A auga que o fornece chega a través dunha longa canle de pedra. Cuberta a dúas augas, con remate de tella camba.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas, con remate de tella camba.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Lavadoiro construído en 1944 á beira do Camiño Real, sendo alcalde Genaro Vidal, natural desta aldea, en pleno apoxeo da ditadura franquista, e como xesto de magnificencia cara aos seus veciños.

Mide 10 metros de longo, por 4 de ancho, con 10 pedras de lavar. Ten un tellado con tella do país que descansa sobre nove piares de pedra e tres travesas de madeira.

Está situado…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de cubo con canle de máis de 30 metros sobre muro de cachotaría, que recolle a auga do Pozo do Souto no rego de Imo. Tellado a unha auga con pranchas onduladas de fibrocemento parcialmente, cuberto con tella do país. As paredes son de cachotaría. Aínda conserva todos os elementos do muiño aínda que coas obras de soterramento do rego de Imo ao seu paso pola Eira da Lavandeira…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Fonte que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Palacio de Lestrobe.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

As Torres de Lestrobre son unha construción do século XVII, formada a base da reconstrución dunhas torres medievais defensivas que vixiaban a ría de Arousa, e a anexión dun corredor entre elas. Ten estrutura de planta en L, composta por un corpo central de dúas alturas, flanqueado inicialmente por unha torre, a da á sur, que posteriormente se completou coa da á norte.

É precisamente nesta última onde se atopa o escudo brasonado dos Bolaño. Na parte posterior atópase…


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

O Pazo do Marqués de Bendaña estaba cinguido por un bosque de piñeiros e carballos. Atribúeselle a creación a Marcos Fandiño. Destacaba a torre, de planta rectangular que o presidía, sobre o patio de honra das casas que o rodeaban. Era unha valiosa mostra do barroco galego, en concreto compostelán. Tiña unha balconada que corría ao longo da fachada á altura do primeiro andar. Posuía gárgolas nas catro esquinas e un escudo historiado baixo o beiril.

O brasón estaba…


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

O fidalgo Antonio Ballesteros del Mazo e María Cardama ergueron o Pazo de Tarrío en 1567 na propia aldea e fundaron vínculo e morgado con bens que posuían en Santiago e en San Xián de Laíño. Estaban lonxanamente emparentados cos primeiros Castro, a familia de Rosalía, propietarios do Pazo da Arretén en Padrón. Os Ballesteros procedían do lugar de El Mazo, no val…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

A Casa de Aguirre, de ascendencia vasca, foi unha das máis poderosas e ricas da comarca. Eran donos de boa parte das terras agrícolas e tiñan foros. Enriba da porta pódense observar dúas troneiras de defensa.

Trátase dunha construción de planta rectangular, con estrutura de baixo e un andar, a…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil

Edificio situado nunha parcela elevada con respecto á rúa, o que se solucionou coa construción dunha plataforma elevada. Todo o recinto está pechado por un muro de cantaría que o rodea. O acceso principal é unha escalinata de pedra que lle dá unha certa monumentalidade ao conxunto.

Trátase dun edificio dun só andar, de forma rectangular, e construído en cachotaría regular. Ten cuberta de tella a dúas augas que xera un baixocuberta. Nas fachadas apenas conta con…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

Finca coñecida como O Cadaví ou Cadavid, na que se localizan dúas edificacións principais, que segundo os “límites oficiais da Xunta de Galicia”, unha emprázase no termo municipal de Dodro e outra no de Padrón. Foi mandada construír por José Pérez Artime, empresario radicado en Padrón que pasaba os veráns nesta…


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil