Muíño Pontello

Muíño Pontello - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Xoán Xosé Vicente

Muíño de cubo con canle de máis de 30 metros sobre muro de cachotaría, que recolle a auga do Pozo do Souto no rego de Imo. Tellado a unha auga con pranchas onduladas de fibrocemento parcialmente, cuberto con tella do país. As paredes son de cachotaría. Aínda conserva todos os elementos do muiño aínda que coas obras de soterramento do rego de Imo ao seu paso pola Eira da Lavandeira quedou “afogado” e non ten saída suficiente da auga polo aliviadoiro.

É o mellor conservado no rego de Imo onde chegou a haber: “O Muíño das Mouriñas, O Muíño Novo, O Muíño da Richalda, O Muíño das Señoritas, O Muíño Farraco, (‘saco’, ‘fardel’, do lat. FAR, FARRIS, ‘fariña’), O Muíño Cagadoiro (ademais do significado máis obvio, cagadoiro, podería aplicárselle a un saco ou a un recipiente furado que perde o que contén, neste caso a fariña),O Muíño Vello, O Muíño Pontello e O Muíño de Lago”. Extraído do libro “Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga” de Manuel Lorenzo Baleirón.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño da Sorralleira

Lavadoiro de Reboiras

Muíño de Fidel

Fonte de Bustelo