Busca

Amosando 553 - 576 de 715 resultados da busca.

Casa no lugar de Asadelos onde faleceu Manuel Antonio un 28 de xaneiro de 1930. Esta casa foi comprada por dona Pura, súa nai, xa que nesta parroquia exercera de mestra desde 1916. Manuel Antonio nacera nunha casa da rúa de Abaixo do casco histórico de Rianxo, edificación que alberga na actualidade a súa casa-museo.


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

O que na actualidade é o centro de saúde, foi construído orixinalmente para albergar a escola unitaria feminina de Catoira.

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil

Onde na actualidade está a Casa Pedreiro, existía antigamente unha vivenda na que, un 16 de marzo de 1897, nacía Carlos Maside. Segundo nos informa Daniel Seijas, a casa orixinal onde nacera foi derrubada a comezos dos anos 60.

Pintor, debuxante e gravador, Carlos Maside é considerado como o indiscutible…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

As augas de Catoira nacen nun terreo granítico, afectado pola falla de dirección NE-SO que dá orixe á ría de Arousa e ao río Ulla. Tivo tres mananciais, estando soterrado o que se atopaba ao carón da Igrexa de San Miguel de Catoira. Hoxe en día consérvanse dous: este pequeno manancial preto das…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Esta era a casa do administrador do santuario. Esta edificación, xunto coa Casa de Sebe, ambas propiedade da Fundación Paideira Galiza, estaban vinculadas co Santuario da Escravitude.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Conxunto de dous muíños e unha pontella na ribeira do río Batán, derrubados pola construción da vía do tren de alta velocidade.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

Muíño de maquía (un só propietario) situado na ribeira do rego dos Campelos. Ten unha presa e a canle que o fornece de auga posúe unha pontella de paso onde se desviaba a parte da auga de volta ao río. Aínda conserva o rodicio.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) no lugar da Devesa.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Estaba situada no lugar do Trozo, ao carón da estrada N-550 de Padrón á Ponte, aínda que se descoñece a súa localización exacta na actualidade. Era unha fonte de auga sulfurosa, de cor pálida e cheiro a ovos podres, sendo usada pola veciñanza para curar as doenzas da pel, mais tamén para sulfatar os cultivos. Foi destruída cando se construíu a autoestrada AP-9 nos anos 90 do século XX, botándolle terra por enriba.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro con seis postos para lavar no lugar de Cruces.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

A obra literaria de Nicasio Pajares está marcada pola emigración. O seu paso polas terras riopratenses deixaron unha pegada imborrable nos seus textos, que son un testemuño precioso da emigración en xeral e dos estereotipos dos galegos no Prata en particular.

Agapito Francisco Nicasio Pajares Ojeros naceu nesta casa da Trabanca o 14 de decembro de 1881. O seu pai, Celestino Pajares Miguens, foi militar, chegando a acadar o grao…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Lavadoiro no lugar de Brión, situado ao carón da estrada DP-3301 desde a que se accede mediante unhas escaleiras.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga

Lavadoiro construído en formigón na década nos noventa do século pasado. As pedras de lavar son de cantaría lisa, cun pequeno rebaixe cadrado para deixar o xabón. Accédese a el mediante unhas escaleiras, tamén de formigón, pois foi construído nun nivel inferior para poder aproveitar as augas da fonte.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Masa arborada de especies autóctonas, principalmente carballos (Quercus robur L.), na contorna da Ermida de San Cibrán. No mes de xuño celébrase unha romaría dedicada ao santo, médico da reuma, e até non fai moitos anos organizábase o Curro do Xiabre. Esta festa gandeira, organizada pola Asociación Cabalar do Xiabre, recrea a loita entre homes e cabalos. Celébrase no curro construído á beira da…


Catoira - San Pedro de Dimo | Espazos naturais

Pedras Miúdas ten a súa orixe nunha antiga canteira no monte da que se extraía pedra. Cando a canteira quedou abandonada, a acumulación das choivas creou esta lagoa artificial, que ten unha profundidade de até 30 metros. A empresa propietaria da canteira pretendía converter o lugar nun vertedoiro, mais ante a presión veciñal levouse a cabo un proxecto para transformar o lugar nun espazo naturalizado.

A zona foi declarada como Espazo Natural de Interese Local…


Catoira - San Miguel de Catoira | Espazos naturais

O treito final do río Ulla baña os concellos de Catoira, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira, que pouco a pouco se vai abrindo nunha das máis extensas, ricas e diversas, desde o punto de vista ecolóxico, das rías galegas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Espazos naturais

Este espazo forma, xunto coas Veigas de Campaña e Cordeiro de Valga, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o


Dodro - San Xián de Laíño | Espazos naturais

Insua formada polo río Ulla e o río Vello, entre as parroquias de San Xoán de Laíño (Dodro) e Santa María de Isorna (Rianxo), próxima ás insuas de Vilar e da Pomba (Valga).


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

Lagoa formada pola acumulación de auga na parte alto do Monte Meda.


Padrón - Santa María de Herbón | Espazos naturais

Val profundo escavado polo río Ulla ao seu paso polo Lapido. No ano 2018, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido restaurou un antigo vertedoiro á beira da estrada que vai de Herbón a Carcacía como miradoiro, desde o que se pode ver o propio canón, parte das pesqueiras do Ulla…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais

O río Sar forma neste punto unha illa fluvial, na que o bosque de ribeira ponse de manifesto coa presenza de freixos, ameneiros, bidueiros ou salgueiros. O leito do río Sar está incluído dentro da Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza).


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Espazos naturais

Lugar onde se xuntan o río Sar e o río Ulla. O punto actual da desembocadura non é o orixinal, posto que este modificouse coa canalización do Sar, mais os meandros orixinais aínda se poden apreciar no terreo, mantendo estes o nome de río Sar Vello.


Padrón - Santiago de Padrón | Espazos naturais