Carballeira de San Cibrán

Carballeira de San Cibrán - Catoira - San Pedro de Dimo

Imaxe: Descubre Rías Baixas

Masa arborada de especies autóctonas, principalmente carballos (Quercus robur L.), na contorna da Ermida de San Cibrán. No mes de xuño celébrase unha romaría dedicada ao santo, médico da reuma, e até non fai moitos anos organizábase o Curro do Xiabre. Esta festa gandeira, organizada pola Asociación Cabalar do Xiabre, recrea a loita entre homes e cabalos. Celébrase no curro construído á beira da Ermida de San Cibrán. En torno ao cercado, nas bancadas naturais, agrúpase o público e no interior os participantes encárganse do espectáculo cabalar no que se reúnen os cabalos do Monte Xiabre para cortarlles as crinas, marcalos e vendelos.

O Curro do Xiabre presume de ser un dos únicos curros de Galicia con bancadas naturais, mais aínda que a última renovación foi hai apenas 3 anos, o estado actual de conservación non é bo, con parte do valado perimetral roto, cuberto en parte pola vexetación e falta limpeza nas inmediacións. A última edición celebrouse en 2012, quedando suspendida a celebración en 2013 por falta de acordos da organización.

Ten unha longa tradición, aínda que se descoñece a data exacta da súa primeira edición. Alcanzou o seu máximo esplendor hai algo máis dunha década, para entrar en débil decadencia nos últimos anos, até o punto de aprazar a última edición do 2013.

Durante a fin de semana realízanse todas as tarefas relacionadas coa actividade cabalar: recollida de reses no monte, cortado de crinas, desparasitación e selección e venda de poldros. Os encargados de dobregar aos equinos empréganse a fondo, sofrindo todo tipo de golpes no medio dun intenso rebumbio que, por momentos, fai case imposible adiviñar o que sucede dentro do curro. O marco é incomparable e fresco, aproveitando a sombra dos carballos e as beiras do regato de San Cibrán. Non falta a tradicional verbena, comida e misa solemne.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-NA001
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Espazos naturais
  • Cronoloxía:
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Pedro de Dimo
  • Lugar: San Cibrán
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (A_002) - Aprobación inicial de 2012

  • Referencias:

    -

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Lagoa de Pedras Miúdas

Esteiro do Ulla

Carballeira de San Cibrán