Igrexa de San Miguel de Catoira
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Igrexa de estilo neoclásico, de planta basilical, capela con bóveda de aresta sobre arcos apoiados en pilastras con decoración de placas. A igrexa medieval orixinaria respondía á tipoloxía galaica do denominado gótico mariñeiro da primeira etapa (1250-1350). Á dereita capela con bóveda, dividida en dous tramos por arcos de imposta. Nave de tres tramos con arcos faixóns sobre pilastras de capitel decorado con placas. Engadido do mesmo largo da nave alintelada. Sancristía acaroada ao lado dereito da capela, con bóveda de canón transversal á nave e liña de imposta.
A súa fachada ofrece un remate alintelado recercado, fiestra pequena, frontón triangular e, no centro, fornela. Remate en espadana de dobre vano con volutas e cruz. Cabeceira con vertente de augas. Decoración de placas. Adro con balaustre. Conserva un sepulcro do século XVI, agora na Igrexa de Santa Baia de Oeste.
No seu interior gárdase unha imaxe da Virxe da Barca feita de madeira de aciñeira policromada, de 72 centímetros de alto e 12,5 de ancho, datada no século XVIII, e que orixinalmente estaba na Capela da Nosa Señora da Barca.
- INFORMACIÓN
- Código: CA-AR006
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arquitectura relixiosa
- Cronoloxía: Século XIII-XIV
- Concello: Catoira
- Parroquia: San Miguel de Catoira
- Lugar: Catoira
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_14) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.667026471099 , -8.7219794560543
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.