Busca

Amosando 25 - 48 de 48 resultados da busca.

Forma parte do conxunto de edificacións do Pazo de Santa Cruz da Granxa. Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro e cuberta acabada con tella curva.


Padrón - Santa María de Herbón | Obra civil

Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro, con muros en pedra recebada e pintada con cal. Cuberta acabada con tella curva.


Padrón - Santa María de Herbón | Obra civil

Se algún centro hai da cartografía rosaliana, aquí en Padrón estamos nel. A estatua de Rosalía do Paseo do Espolón é obra do compostelán José María Mateos, discípulo de Asorey, e inaugurouse o 23 de abril de 1957, luns de Pascua. Todo se arremuíña arredor desta escultura sufragada polos galegos da emigración que tantas veces axudaron á escritora. Este Sar que hoxe “baixa…


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Desaparecido paso a nivel que servía para cruzar a vía de ferrocarril que comunicaba Carril (Vilagarcía) e Cornes (Santiago). En outubro de 1924 Ruth Matilda Anderson, camiño da que fora a casa de Rosalía de Castro, cruzou o paso a nivel de Iria Flavia, retratando á gardabarreiras.

A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848,…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil

Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro e cuberta acabada con tella curva, localizado na contorna do Santuario da Escravitude.


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Pombal de planta circular duns 4 metros de diámetro. Cuberta acabada con tella curva.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil

Forma parte do conxunto de edificacións do Pazo do Vilar. Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro, con muros en pedra. e cuberta acabada con tella curva.


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro e cuberta acabada con tella curva.


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Pombal de planta circular duns 4 metros de diámetro, con muros en pedra. e cuberta acabada con tella curva.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil

Atracción que se instalou en Padrón no 1938, na que varias xeración seguen desfrutando desde entón. Trátase dun dos carruseis máis antigos de Galicia.

Evilasio Hernáiz veu co seu tío a Galicia, procedente de Burgos, para ir ás feiras co seu carrusel. Chegou en tempos da guerra para vivir a súa primeira Pascua no ano 1938. Cada tempada estaban, primeiro, nas festas da Pascua; despois o San Marcos de Noia; a Ascensión de Santiago; o Corpus de Redondela e Ourense; o…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil

Ponte cunha estrutura metálica que cruza o río Ulla ao carón das Pesqueiras da Canle. Até a construción desta ponte, o único medio para cruzar o río neste punto era usando o paso de barcas de Herbón.


Padrón - Santa María de Herbón | Obra civil

Pombal que forma parte do conxunto de edificacións da Casa dos Cóengos.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil

O Monte Pedregueira atópase a uns 119 metros de altura sobre o nivel do mar. Desde o miradoiro (un espazo acondicionado con pasarela de madeira, varandas e un banquiño) aprécianse unhas preciosas vistas da Ría de Arousa, a desembocadura do río Ulla, a Illa de Cortegada ou a parte sur da Serra do Barbanza.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas

Miradoiro con vistas ao couto salmoneiro de Sinde e á outra beira do río Ulla, xa en territorio da parroquia estradense da Barcala, e ás pesqueiras de Freixeiro e Bumio.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

Miradoiro natural no Alto do Monte das Cruces, situado a 374 metros de altura sobre o nivel do mar, a escasos 60 metros do Marco da Pena das Cruces.


Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

No Monte Xiabre, a uns 408 metros sobre o nivel do mar, existe un miradoiro que se caracteriza por estar localizado nunha zona rochosa, na cal se ergue unha cruz de pequenas proporcións de ferro. En setembro do presente ano 2022 o Concello de Vilagarcía acondicionou este espazo agregándolle unha pasarela de metal e…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas

O Monte San Gregorio atópase a 223 metros de altura sobre o nivel do mar.


Padrón - Santiago de Padrón | Panorámicas

O Monte Areal atópase a 217 metros de altura sobre o nivel do mar.


Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

Miradoiro construído ao abeiro das obras de construción do parque eólico do Monte Meda. Atópase a 424 metros de altura sobre o nivel do mar.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

Desde o Monte Meda, a 444 metros de altura sobre o nivel do mar, pode verse a bacía do río Ulla e a ría de Arousa, as Torres da Catedral de Santiago, A Estrada, Vilagarcía de Arousa e até a Illa de Arousa. Tamén se observan os montes do Castro Valente, Xesteiras, Xiabre ou…


Padrón - Santa María de Herbón | Panorámicas

No ano 2018, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido restaurou este espazo, antigo vertedoiro, como miradoiro. Desde este punto privilexiado obsérvase o Canón do Lapido, o curso do río Ulla, algunhas pesqueiras e o…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

Miradoiro xusto á beira do leito de río Ulla, que permite ver moi de preto algunhas pesqueiras.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

O Monte da Grela atópase a 402 metros de altura sobre o nivel do mar, nos límites administrativos entre Padrón e Teo. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

Polo seu emprazamento fisiográfico, o Monte do Castro Valente domina visualmente unha ampla panorámica, tanto do curso do río Ulla, como a confluencia co río Sar e o val deste.


Padrón - Santa María de Herbón | Panorámicas