Paseo do Espolón

Imaxe: fotosmerceares.es
Paseo fluvial á beira do Sar, construído arredor do 1832 sobre o meandro do río Sar, e recuberto por plátanos de sombra. Está presidido ao norte polo Monumento a Rosalía de Castro, obra de José María Mateos, e ao sur pola de Camilo José Cela, obra de Ferreiro Badía. O carácter deste paseo dallo a súa arquitectura, o arboredo e a perspectiva.
O conxunto arbóreo que viste ao longo os laterais do Paseo do Espolón está formado por exemplares de plátanos de sombra (Platanus x hispanica). A principal misión que exercen estas árbores é a de propiciar sombra e abrigo aos transeúntes que camiñan baixo as súas copas. Esta dobre aliñación está incluída como formación senlleira (16F) dentro do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.
- INFORMACIÓN
- Código: PA-AC013
- Outras denominacións: Paseo de Montero
- Tipoloxía: Arquitectura civil
- Cronoloxía: 1832
- Concello: Padrón
- Parroquia: Santiago de Padrón
- Lugar: Rúa Castelao
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
As pésimas podas realizadas aos plátanos de sombra (Platanus x hispanica) e o uso de materiais como grava no pavimento, fan que este espazo perda parte do seu carácter orixinal.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.737876147969 , -8.6616253297781
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.