Busca

Amosando 289 - 312 de 330 resultados da busca.

Cruceiro sen cruz situado no extremo leste de Asadelos, fronte á finca do Pazo dos Torrado de Asadelos, no camiño que leva ao lugar da Marquesa. Plataforma de dous chanzos e base prismática coas arestas superiores redondeadas, sobre a que se ergue un fuste hexagonal de sección cadrada no contacto coa base.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Un dos exemplares máis interesantes de Rianxo. Sitúase nunha encrucillada de camiños entre Lustres, Outeiro e Vilas. Parece bastante antigo, probablemente do século XVII. Aséntase sobre plataforma octogonal de catro graos e pedestal tamén octogonal de pouca altura que contén símbolos da paixón: tibias, abellas e caveiras. O fuste é octogonal con pedestal cuadrangular e recadrado, e contén a media altura unha imaxe de San Andrés. O capitel é cúbico con cabeza de anxo con…


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Vía crucis sobre o muro perimetral do adro da Igrexa de Santa María de Isorna. Cruces franqueando o acceso desde a rúa e o acceso á casa reitoral, situada detrás da igrexa. Cruces sen imaxes apoiadas sobre bases cúbicas, de brazos sección cadrada cas arestas chafranadas e relevos nos vértices.


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Posiblemente do século XVII, foi reedificado en 1918 polos canteiros José Manuel Rial Trillo, Manuel Iglesias Romero e Vicente Rial, veciños da parroquia, polo prezo de 115 pesetas. Foi restaurado porque estaba moi deteriorado, “amenazaba caerse, lo que podía ocasionar unha desgracia por ser aquel sitio el punto donde se reúnen los vecinos en los días festivos y tiempos desocupados, desde tiempo inmemorial”. Os referidos canteiros restauraron e reedificaron o…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado xunto á Ermida de Santa Lucía, nun amplo espazo verde, ao sur da estrada principal de Asados. Plataforma cadrada de granito e base troncopiramidal sobre a que se ergue un fuste hexagonal que remata nun pequeno capitel. Cruz sen imaxes de sección octogonal con remates florais nos vértices superiores.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Ao carón da Casa reitoral de Santa María de Leiro, preto da igrexa parroquial, atópase este fermoso cruceiro de plataforma cuadrangular de catro graos, pedestal cuadrangular de paramentos recadrados e caveiras nos ángulos, fuste octogonal con pedestal cuadrangular e que presenta unha imaxe. O capitel é cuadrangular co astrágalo octogonal liso, o ábaco de lados rectos, e decorado con follas, volutas e flores. A cruz ten brazos cuadrangulares con chafráns. O Cristo ten as…


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Situado na Praza de Manuel Antonio en Asadelos, próximo á Igrexa de Santa María de Asados. Preto del atópase o chamado Cruceiro Vello de Asadelos. Plataforma cuadrangular de tres graos e pedestal cuadrangular moi moldurado. Fuste octogonal anque…


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruz de granito situada diante do muro da casa reitoral de Santa María de Leiro. Cruz latina co brazo inferior mais longo apoiado sobre unha base prismática. Fuste octogonal, con remate superior de sección cadrada, sobre o que se ergue unha cruz sen imaxes con arestas chafranadas e vértices decorados.


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito á beira da estrada principal que atravesa o lugar de Brión. Plataforma de tres chanzos sobre a que apoia directamente un fuste de sección cadrada coas arestas chafranadas con remates nos extremos. Capitel troncopiramidal inverso con molduras, que sostén unha imaxe dun santo.

O texto que segue a continuación é autoría de Natividad Rey Ordóñez (abril 2018).

Na aldea de Brión…


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruz de granito situada na fachada traseira da Igrexa de Santa María de Asados. Cruz latina sen imaxes, de sección octogonal con remates nos extremos. Brazo inferior mais longo sobre base troncopiramidal de granito.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro de capela en Brión, formando conxunto coa Fonte de Brión. Plataforma cuadrangular de catro graos, sen pedestal. Fuste de sección cadrada con chafráns adornados. A cruz ten sección cuadrangular cos brazos con mediacana e remates florenzados con botón central. O Cristo crucificado inclina a cabeza cara diante, ten as mans abertas, coroa de espiñas e carece de cartela de…


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro situado no adro da Igrexa de Santa María de Asados. A plataforma de tres graos, pedestal e fuste son octogonais sen adornos. O capitel e o astrágalo son tamén octogonais, e o ábaco de lados rectos. O capitel está decorado con follas de figueira. A cruz e as figuras son de mármore. A cruz é…


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Este espazo forma, xunto coas Veigas de Campaña e Cordeiro de Valga, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o


Dodro - San Xián de Laíño | Espazos naturais

Insua formada polo río Ulla e o río Vello, entre as parroquias de San Xoán de Laíño (Dodro) e Santa María de Isorna (Rianxo), próxima ás insuas de Vilar e da Pomba (Valga).


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

Parte saínte da costa, que penetra no río Ulla.


Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Parte saínte da costa, que penetra no río Ulla.


Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

O treito final do río Ulla baña os municipios de Catoira, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira que pouco a pouco se vai abrindo nunha…


Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Unha das praias máis longas (340 metros) de Rianxo, nunha entorno agradable e moi preto da Praia das Cunchas, de augas tranquilas moi concorrida por familias con nenos. Separando esta praia da das Cunchas, está a Punta do Castro, que alberga un antigo asentamento castrexo.

Encóntrase no…


Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 156 metros, á beira do río Ulla, xunto á Punta Penouseira.


Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Tamén coñecida co nome de Praia do Lodeiro, trátase dunha extensión de area duns 350 metros de lonxitude, á beira do río Ulla, separada da Praia do Porrón pola Punta do Castro.


Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 160 metros, á beira do río Ulla.


Rianxo - Santa María de Isorna | Espazos naturais

Parte saínte da costa, que penetra no río Ulla.


Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

No seu treito o río Ulla final baña os municipios de Catoira, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira que pouco a pouco se vai abrindo…


Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Parte saínte sobre o río Ulla que parece unha illa, aínda que na baixamar vese que está unida á costa.

A orixe do seu topónimo, Salto do Ladrón, vén de cando transportaban en barco aos presos políticos cara ao campo de concentración de Rianxo, situado nas instalacións da antiga…


Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais