Cruceiro Novo de Asadelos

Cruceiro Novo de Asadelos - Rianxo - Santa María de Asados

Imaxe: Cruceiros de Galicia

Situado na Praza de Manuel Antonio en Asadelos, próximo á Igrexa de Santa María de Asados. Preto del atópase o chamado Cruceiro Vello de Asadelos. Plataforma cuadrangular de tres graos e pedestal cuadrangular moi moldurado. Fuste octogonal anque cadrado na base. Capitel cuadrangular con volutas, querubíns, cunchas e orlas vexetais, astrágalo cuadrangular con chafráns e ábaco de lados curvos e vértices chafranados. Cruz circular leñosa con nós. Cristo coas mans pechadas, coroa de espiñas e cartela de INRI. Virxe oratoria coas mans en cruz sobre o peito e sobre peaña con querubín.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER034
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Asados
  • Lugar: Asadelos
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-034)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Cruceiros de Galicia

    Xenealoxías do Barbanza

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Suigrexa

Cruceiro dos de Rego

Cruceiro de Pilatos

Cruceiro Nº 2 de Traba