Pazo dos Torrado de Asadelos

Imaxe: Xeanoloxías do Barbanza
Pazo do ano 1540, situado ao norte do lugar de Asadelos, nunha finca de grandes dimensións. Acceso principal perpendicular á fachada oeste, mediante portalón coroado por un escudo e pináculos. Escudos pertencentes á familia dos Torrado (torres e vieiras) e á dos Mariño (ondas e a serea que abraza o escudo de armas). Edificación de planta rectangular e dous andares, con varios volumes acaroados, resolta con muros de cachotaría e remates de cantaría. Cuberta a catro augas de tella no volume lonxitudinal e a tres augas no anexo perpendicular á fachada sur, con patín e corredor cuberto polo que se pode acceder ao segundo andar. Destaca a solaina da fachada lateral e a cheminea. No interior da planta alta, a vivenda, hai dúas salas grandes, varios cuartos pequenos e unha cociña con boa lareira. O grosor do muro da lugar a parladoiros, aberturas no muro con asentos a ambos lados. Muro de peche de cachotaría, con cornixa superior de remate e ameas. No interior da finca atópanse ademais varias construcións auxiliares e un pombal.
Castelao e Bouza-Brey publican no número 113 de 1933 da revista Nós, un artigo sobre os escudos de Rianxo, no que que inclúe o do Pazo dos Torrado de Asadelos.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-AC016
- Outras denominacións: Pazo de Asadelos
- Tipoloxía: Arquitectura civil
- Cronoloxía: 1540
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa María de Asados
- Lugar: Asadelos
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-012)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.679611251453 , -8.7878954708404
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.