Punta do Salto do Ladrón

Punta do Salto do Ladrón - Rianxo - Santa María de Leiro

Imaxe: @ramalvclav_xxi

Parte saínte sobre o río Ulla que parece unha illa, aínda que na baixamar vese que está unida á costa.

A orixe do seu topónimo, Salto do Ladrón, vén de cando transportaban en barco aos presos políticos cara ao campo de concentración de Rianxo, situado nas instalacións da antiga fábrica de salgadura dos Goday. Nunha noite de néboa, un dos barco achegouse moito á terra e un preso saltou á auga, subiu á pedra que forma a parte máis saínte desta punta e escapou polo monte. Os gardas, que adoitaban chamarlle “ladróns” aos presos, comezaron a berrar “ao ladrón! ao ladrón!”. E foi así como se lle comezou a denominar Punta do Salto do Ladrón.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Senda Litoral de Taragoña

Praia de Quenxo

Punta de Arnelas

Punta do Agriño