Busca

Amosando 193 - 216 de 288 resultados da busca.

Localízase no lugar Agro de Telleira, entre Quintáns e A Vacariza, a uns 230 metros do Serradoiro de José Ribeiro, tamén na ribeira do Ulla.

Nada se sabe da súa construción ou orixe. A súa propiedade era da familia Rivela, da muller de Ramón Rodríguez "Roeiro".…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial

Pedra que usaban os nenos do lugar como tobogán para tirarse por ela. Ten un pátina lisa case coma un cristal por onde baixaban escorregando os nenos. Cuns tres metros de altura e escasamente medio metro de pátina.


Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía

Na década dos anos sesenta e setenta, e incluso nos oitenta, era habitual ver navegar o leito do río Ulla por grandes barcazas cargadas de area. Era unha actividade emerxente que naceu baixo o paraugas da construción, pois as obras, tanto públicas como privadas, comezaban a alorar por todos os municipios da comarca e Galicia. Foi unha actividade moi importante e que deu de comer a moitas…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial

O xacemento arqueolóxico de Burés atópase no monte situado ao nordeste do lugar de Burés, debaixo da liña eléctrica, ao carón dun dos seus apoios; presenta forma circular dun diámetro de 52 metros, ocupando unha superficie de 2120 metros cadrados, e destaca por presentar un maior alombamento no flanco oriental, posiblemente debido a un maior desenvolvemento do terraplén, namentres no flanco oposto destaca con maior…


Rianxo - Santa María de Asados | Arqueoloxía

Parte saínte da costa no lugar de Quintáns, que penetra no río Ulla.


Rianxo - Santa María de Isorna | Espazos naturais

Atópase no rego de Fontao, que se une ao rego da Pía, para formar o rego de Sinde, que finalmente desemboca no río Ulla.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais

O nome Lufo semella voz antiga, debe ser xermánico, relacionado coa partícula ufe/ulfe, lobo. Non hai no Nomenclátor ningún outro Lufo agás o de Dodro. Tamén se coñece como río de Vigo e chámanlle, augas abaixo da aldea de Vigo, río do Cabalo porque os chaláns abeberaban nel os animais cando ían á feira a Padrón.

Nace moi preto de Pexegueiro e do…


Dodro - Santa María de Dodro | Espazos naturais

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar do Telleiro, fronte ao Pazo da Cova.

Nesta telleira traballou hai moitos anos un home con acento portugués chamado “Moquillo” que amasaba o barro con dúas mulas. Deixou de funcionar "hai moitísimos anos". Os…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

A barreira da Mina Cristina atopábase no Concello de Pontecesures, tras o Centro de Saúde de Valga. Inventariada co número 1499 do catálogo mineiro e pertencente, igual que a Mina Mercedes, ao Grupo Mineiro “Minas cerámicas de Campaña”. Estaba situada no Monte de Utilidade pública nº129 do Catálogo de utilidade pública do Concello de…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

Na Telleira de Quintáns extraíase barro do monte veciño, do outro lado da estrada, onde había “dúas ou tres covas de onde apañaban o barro”. Este barro era rico en xisto, polo que o mesturaban co procedente de Dena.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial

Xacemento arqueolóxico no Monte Galiñeiro.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía

Na baixada do Monte Agudo desde A Porteliña, esta antiga telleira emprázase na Punta Palleiro, preto das Trece Cruces.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial

O curso orixinal do río Sar segue sendo a división administrativa entre os concellos de Padrón e Dodro. Nos anos sesenta do século XX fíxose a canalización deste tal é como a coñecemos na actualidade, totalmente recta. Maila construción da canle, os meandros orixinais aínda se poden ler no territorio, principalmente pola presenza da vexetación de ribeira que se resiste a desaparecer. O río Sar orixinal, entre Padrón e a súa…


Dodro - Santa María de Dodro | Espazos naturais

Localizado no interior das Brañas de Laíño, aquí facían noite os pascueiros que levaban os cabalos á feira de Padrón. Onde antes había piñeiros mansos xigantescos, medrou despois un bosque de acacias negras.

Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga…


Dodro - San Xián de Laíño | Espazos naturais

Mámoa localizada ao pé do Castro de Foxacos.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arqueoloxía

Coñecida popularmente como “A de Ramos”, estaba dedicada á fabricación téxtil de lenzos e manteis, estampados, sabas, toallas e roupa da casa en xeral. Foi fundada no ano 1886 polo zamorano Ángel Ramos García. Destacar que o tecido era unha tradición artesanal iniciada en Padrón a finais do século XVIII.

Non se limitaba á comercialización do produto final, senón que…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial

Espazo natural nas ribeiras do río da Arregañada, na que en menos dun quilómetro de distancia, atópanse pontellas (Pontella do Muíño de RibaPontella do Muíño Tellado) e muíños centenarios (…


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

Cabodeiras, O Bico e O Redondo forman parte do Porto de Bexo.

Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, escribe desta lugar: “Foi Bexo terra de mariñeiros e en Cabodeiras era onde se amarraban os galeóns e as dornas. O Redondo é onde o río no seu transcurso vira cara a…


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

O Porto do Deza é un excelente punto para a observación das aves. As Brañas de Laíño albergan unha riqueza ambiental de primeira magnitude. Nela aniña unha subespecie da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subs. lusitanica). É un endemismo da Península Ibérica. Tamén se poden ver aquí outras aves ameazadas…


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

Lugar onde se bañaban os mozos de Imo. Había un medo moi grande a bañarse, xa que se dicía que o pozo da Brañiña non tiña fondo ou os mozos non daban baixado ao fondo de forma natural. Tamén había un certo temor a meterse no río grande o 25 de xullo, porque se dicía que pasaba o Apóstolo arrastrando pesadas cadeas que tiraban sen remedio dos…


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

Na actualidade, O Castriño ou Castro de Taragoña atópase totalmente desaparecido debido a que moitas das casas do Castriño construíronse enriba del. Resulta case imposible coñecer a súa forma e as estruturas defensivas. Os camiños teñen unha disposición circular e concéntrica, seguindo os aterrazamentos que aínda son aproveitados polas vivendas.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arqueoloxía

Recinto de forma elíptica que presenta as súas defensas moi suavizadas debido ás labores agrícolas. Ten un parapeto que rodearía á croa e a illaría do terreo circundante, aínda que na actualidade só se conserva deste o O até o N. A croa mide 40,10 metros no eixo N-S e 33,50 no L-O. Probablemente arredor do parapeto habería un foso, na actualidade colmatado e empregado como camiño. Na parte NL e O do parapeto aprécianse amplos…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía

Extensión de area cunha lonxitude duns 190 metros, xunto ao Castelo da Lúa.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 330 metros, onde se localiza unha cheminea industrial pertencente a un antigo serradoiro.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais