Busca
Fonte que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Palacio de Lestrobe.
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga
As Torres de Lestrobre son unha construción do século XVII, formada a base da reconstrución dunhas torres medievais defensivas que vixiaban a ría de Arousa, e a anexión dun corredor entre elas. Ten estrutura de planta en L, composta por un corpo central de dúas alturas, flanqueado inicialmente por unha torre, a da á sur, que posteriormente se completou coa da á norte.
É precisamente nesta última onde se atopa o escudo brasonado dos Bolaño. Na parte posterior atópase…
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil
O Pazo do Marqués de Bendaña estaba cinguido por un bosque de piñeiros e carballos. Atribúeselle a creación a Marcos Fandiño. Destacaba a torre, de planta rectangular que o presidía, sobre o patio de honra das casas que o rodeaban. Era unha valiosa mostra do barroco galego, en concreto compostelán. Tiña unha balconada que corría ao longo da fachada á altura do primeiro andar. Posuía gárgolas nas catro esquinas e un escudo historiado baixo o beiril.
O brasón estaba…
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil
O fidalgo Antonio Ballesteros del Mazo e María Cardama ergueron o Pazo de Tarrío en 1567 na propia aldea e fundaron vínculo e morgado con bens que posuían en Santiago e en San Xián de Laíño. Estaban lonxanamente emparentados cos primeiros Castro, a familia de Rosalía, propietarios do Pazo da Arretén en Padrón. Os Ballesteros procedían do lugar de El Mazo, no val…
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil
A Casa de Aguirre, de ascendencia vasca, foi unha das máis poderosas e ricas da comarca. Eran donos de boa parte das terras agrícolas e tiñan foros. Enriba da porta pódense observar dúas troneiras de defensa.
Trátase dunha construción de planta rectangular, con estrutura de baixo e un andar, a…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil
Edificio situado nunha parcela elevada con respecto á rúa, o que se solucionou coa construción dunha plataforma elevada. Todo o recinto está pechado por un muro de cantaría que o rodea. O acceso principal é unha escalinata de pedra que lle dá unha certa monumentalidade ao conxunto.
Trátase dun edificio dun só andar, de forma rectangular, e construído en cachotaría regular. Ten cuberta de tella a dúas augas que xera un baixocuberta. Nas fachadas apenas conta con…
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil
Finca coñecida como O Cadaví ou Cadavid, na que se localizan dúas edificacións principais, que segundo os “límites oficiais da Xunta de Galicia”, unha emprázase no termo municipal de Dodro e outra no de Padrón. Foi mandada construír por José Pérez Artime, empresario radicado en Padrón que pasaba os veráns nesta…
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil
Edificación de planta rectangular con estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cachotaría de granito, agás os marcos de portas e xanelas que son de cadeirado de granito. A carpintaría é de madeira, e a cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira. Destaca na parte posterior que dá á igrexa, un pasadizo elevado que permite o acceso dunha construción á outra
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil
Construción de planta rectangular e estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cadeirado irregular con carpintaría de madeira. Cuberta a catro augas, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira, adornado cunha cheminea na súa vertente norte. O conxunto compleméntase cunha serie de anexos na súa fachada leste, así como un pombal e un hórreo na horta.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil
Construción de planta en L, con estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cadeirado, con escaleiras de acceso no seu lado menor e balconada de cadeirado. Cuberta a dúas augas con remate de tella curva sobre armazón de madeira. Acaroada a unha das súas fachadas, anexos de pedra que xunto á Capela de San Xosé, crean unha praza no centro.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil
O Pazo de Lestrobe, O Palacio, foi a residencia de recreo dos prelados composteláns. A idea foi do arcebispo Bartolomé Raxoi e Losada que era home de grandes empresas. Ordenou levantar o Seminario de Confesores que leva o seu nome na Praza do Obradoiro, e pouco antes de morrer tiña en mentes facer un gran canal desde Padrón para levar o mar a Compostela.
Despois da revolta irmandiña, o…
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil
Muíño de vento de planta circular e muros de cachotaría. Os abanos deste muíño non terían sido fixos como outros da zona, senón que tería unha cuberta móbil cónica, cun armazón xiratorio de madeira, movido por unha xugada de bois, que permitiría carear as aspas tendo en conta a dirección do vento. O movemento transmitiríase a un eixo e a unha ou dúas pedras de moer.
…
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
Esta é unha das dúas vivendas de planta circular na aldea de Castro, ao carón do Hórreo da Miguensa.
As edificacións máis antigas de Castro: casas redondas, palleiras, alpendres... teñen todas unha pedra de seixo nas súas paredes. A finalidade destas pedras pode ser como…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil
Construción de planta rectangular quebrada, que segue un eixo de norte a sur, con estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cadeirado. Destaca unha grande balconada executada integramente en pedra na súa fachada sur. A cuberta é a catro augas, con rematado sobre armazón de madeira.
Na casa de enfronte, na súa fachada leste, atópase un escudo que nos permite imaxinar que o conxunto era máis amplo
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil
Edificación que alberga a Casa do Concello de Dodro, construída no 1906 e restaurada na década dos 90 do século XX.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil
Pequena fortificación emprazada nun rechán no alto do Monte Pico do Porto. O castelo fai a divisoria entre os municipios de Dodro e Rois. Consiste nunha plataforma duns 24 metros de diámetro, elevada artificialmente sobre o terreo circundante a base de terra e usando, posiblemente, pedras para a contención da terra. A plataforma é circular e presenta unha pequena elevación nos bordes que pode suxerir a existencia dunha muralla ou unha estacada moi destruída na actualidade…
Dodro - San Xián de Laíño | Arqueoloxía
A mámoa esta moi preto do límite dos concellos de Dodro e Rois, na aldea da Chisca. Ten uns 20 metros de diámetro e 3 ou 4 metros de altura, con cono de violación. Estaría aquí o famoso tesouro do Campo da Chisca, que segundo di a lenda, aparecería cando pasara un rabaño de ovellas, e unha delas cunha pata tocaría nunha pedra e o atoparía.
Dodro - San Xián de Laíño | Arqueoloxía
Petróglifo descuberto no 2015, formado por círculos concéntricos e con cazoliñas no centro destes, sobre unha rocha nas inmediacións da aldea da Devesa, no lugar de Viachán. Ten certas semellanzas cun labirinto do Petróglifo de Mogor en Marín.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Pedra situada á beira do Camiño Real que une Padrón e Rianxo, descrito polo Pai Sarmiento. Unha vez subidos enriba dela faise mover compasadamente sen moito traballo. Era lugar de xogos, fai moitos anos, para os nenos pequenos, pois ao seu carón hai outras pedras con ocos que se usaban para agocharse e resgardarse da choiva. Na parte superior ten cazoletas, posiblemente orixinadas pola auga.…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Túmulo funerario neolítico que conserva restos do dolmen, con tres esteos. Forma parte dunha necrópole de catro túmulos. Nas súas inmediacións atopáronse un conxunto de microlitos e un pilum romano.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Túmulo funerario neolítico que conserva restos do dolmen. Forma parte dunha necrópole de catro túmulos. Ten unha dimensión de 10 metros de diámetro, dos cales, 6 metros corresponden ao cráter de violación, levantando apenas 40 centímetros. Nas súas inmediacións atopáronse un conxunto de microlitos e un pilum romano.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Castro de forma alongada con dúas coroas ao oeste, e outra ao leste, delimitadas por sendas murallas e terrazas intermedias. Intensificáronse tres murallas defensivas e as bases do asentamento.
Trátase dun poboado castrexo da Idade do Ferro e de época romana, sito xunto ao Monte Carboeiro, na aldea de Bexo, a unha altitude máxima de 272 metros. É un dos poboados máis grandes da zona, ocupando máis de 7.000 m2, enlazando con dous outeiros graníticos, localizados no…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Gravado rupestre formado por tres cazoletas: a primeira de 6x8 centímetros e 2 de fondo, a segunda de 7 centímetros e 2,5 de fondo, e a terceira de 7,5x4,5 centímetros de fondo. A rocha mide 3 metros de altura.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Gravado rupestre con forma de ferradura, duns 15 centímetros. O ancho do suco é de 1 centímetros e a súa fondura de 0,5 centímetros.