Vivenda circular Nº 1 de Castro

Vivenda circular Nº 1 de Castro - Dodro - San Xoán de Laíño

Esta é unha das dúas vivendas de planta circular na aldea de Castro, ao carón do Hórreo da Miguensa.

As edificacións máis antigas de Castro: casas redondas, palleiras, alpendres... teñen todas unha pedra de seixo nas súas paredes. A finalidade destas pedras pode ser como elemento de protección tal como refire Rafael Quintía no seu traballo “Usos rituais do seixo no rexistro etnográfico e arqueolóxico de Galicia”: a finalidade práctica destes seixos sería a de protexer a casa fronte o maligno e fronte a acción dos elementos, sobre todo do raio das tormentas.

 

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


O valo de Manselle

Casa de Eusebio Lorenzo Baleirón

Escola de Traxeito

Pazo de Tarrío